Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

2 Pascua 2016 C

A COMUNIDADE, LUGAR DE ENCONTRO Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ·       ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) ·       ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 124) ·       LECTURAS: Xesús é Señor (Nº 16) ·       OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) ·       COMUÑÓN: Pan do Ceo (Nº 53) ESCOITA ACTIVA Xa podemos esquecernos de pensar so en nós: na nosa fe, na nosa oración, na nosa misa, no noso domingo, no... “meu”. A Pascua que estamos celebrando invítanos a mirar en común, a expresar a nosa fe en comunidade, xa que é nesta onde se aparece o Señor Resucitado, na reunión orante dos discípulos. E aparéceselle o primeiro día da semana, o domingo, como día por excelencia, como actualización da resurrección. Que esta celebración nos faga ser conscientes de que só en comunidade poderemos experimentar a resurrección e a vida nova de Xesús. CORAZÓN MISERICORDIOSO (Aspersión) ·       Porque somos moi dados a meter o dedo nas chag

Vixilia Pascual 2016

ESCOITA ACTIVA 2) LITURXIA DA LUZ  BENDICIÓN DO LUME  ACENDEMOS AS VEAS  PROCESIÓN AO TEMPLO  PREGÓN PASCUAL  GLORIA 3) LITURXIA DA PALABRA  MONICIÓN  PRIMEIRA LECTURA (Xén.)  SEGUNDA LECTURA (Xén.)  TERCEIRA LECTURA (Éx.)  CUARTA LECTURA (Is.)  QUINTA LECTURA (Ez.)  SEXTA LECTURA (Rom.)  EVANXEO (Lc.) 4) LITURXIA BAUTISMAL  MONICIÓN  LADAÍÑAS  BENDICIÓN DA AUGA  RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS  FRATERNIDADE ORANTE 5) LITURXIA DA EUCARISTÍA  OFERTORIO  SANTO  NOSO PAI  PAZ  COMUÑÓN  MIRADA ESPERANZADA   DESPEDIDA 6) CANTO GOZOSO • Ao prender o lume: Lumiño de lúa clara (Nº 123) • Na procesión cara o templo: Andarei na presenza do Señor (Nº 11) • Lecturas o 1º Canta o sol (Nº 22) o 2º Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade o 3º Ide e pregoade (Nº 55) o 4º Pan do ceo (Nº 53) o 5º Danos un corazón o 6º Canta aleluia (Nº 21 • Aspersión: A auga do Señor (Nº 124) • Ofertorio: Ei

Venres Santo

ESQUEMA 1) LITURXIA DA PALABRA   2) FRATERNIDADE ORANTE 3) ADORACIÓN DA CRUZ  4) COMUÑÓN  CANTOS Entrada: Vitoria ti reinarás Lecturas: Arrepentido (Nº 13) Adoración da cruz: Música relixiosa (son de fondo) Comuñón: No colo da miña nai (Nº 49) MORRER DE AMOR NUNCA É UN MORRER INÚTIL (Quen dirixe a celebración, comeza poñéndose en actitude de adoración diante do monumento) ESCOITA ACTIVA Hoxe, Venres Santo comezamos a nosa celebración, nun silencio respectuoso, volvendo os ollos cara á cruz, cara tantas cruces que son expresión da dor e da tristura de tantos irmáns e irmás nosos que habitan permanentemente no calvario da marxinación, da soidade, da incomprensión... vítimas da cultura do descarte que só mira nas persoas a súa capacidade para producir e para consumir.  Hoxe, xunto á cruz do Señor, queremos reflexionar sobre estes sinais de morte. Detémonos e miramos con calma, como o facía Xesús, con ollos novos e non cunha simple mirada de curiosidade ou de tenrura de telenovela