Ir al contenido principal

Celebración Penitencial 2016


MONICIÓN
Ollos limpos e corazón xeneroso: un mundo de persoas e desde as persoas. Persoas coas que nos atopamos e coas que compartimos proxectos, pero tamén persoas que nos feren e ás que ferimos; persoas asemade necesitadas de curar feridas. Por iso nos xustamos hoxe aquí para celebrar a festa do perdón. Xesús ábrenos o seu corazón para a collernos, e nós volvemos chamar a súa porta para sentirnos acollidos.

CANTO: Camiñarei na presenza do Señor (Nº 12)

LECTURAS
o   Rom 12, 1-2.9-18
o   Salmo 102, 8.10.13.14.15.16
o   Mt 25, 31-42

HOMILÍA
·      Un mundo cheo de necesidades, onde as persoas sofren e son desprezadas:
ü Tiven fame: fame de sentido, fame de alegría, fame de esperanza. A fame non só é de alimento.
ü Tiven sede: sendo a auga un ben físico, é tamén ben espiritual que limpa e dá vida. Cantas veces a nosa sede é de ser acollidos, de necesitar ser perdoados, de darnos conta de que necesitamos resarcir o dano que a outros lle temos feito. Sendo a auga un ben, temos que convertelo en auga de amabilidade, respecto, palabra de escoita, palabra que non fira, acompañamento que anime e alente nos problemas e dificultades.
ü Fun forasteiro: irmáns de verdade. Non hai fronteiras entre fóra e dentro: somos iguais. Non creemos nós refuxiados na nosa contorna: casa, familia, traballo, veciños...
ü Estiven nu: por perder o sentido de humanización, por converterme en cumpridor de ritos, por non facer do trato cos demais relación de cariño e respecto.
ü Estiven enfermo: debemos esforzarnos para que o noso tempo, o sorriso, a dispoñibilidade, as nosas mans, estean en disposición de poñer os ollos e o corazón no servizo aos demais, principalmente aos que máis o necesitan.
ü Porque... cada vez que llo fixestes a un destes máis pequenos, a min mo fixestes.

EXAME DE CONCIENCIA

v Apartámonos de Xesús: vouno deixando por falta de ganas, interese, tempo... ata que nos damos conta de que deixa de ser relevante para converterse en algo moi afastado da nosa vida.
v No noso mundo hai altofalantes con mensaxes moitas veces contrarios aos do evanxeo. Déixome levar por eles? Son dos que confundo o que fan/mos os curas coa mensaxe de Xesús para xustificar o meu abandono e a miña falta de coherencia á hora de darlle sentido de crecemento e realización persoal á miña vida?
v Busco un momento ao longo do día para a oración: un grazas por estar aí, un dáme forza na dificultade, un, Señor, que non me sinta só nun momento difícil...? Ou deixo que pasen os días sen que Deus estea presente na miña vida?
v O mal do mundo é moito. Nós tamén contribuímos a el co noso egoísmo, individualismo, autosuficiencia, falta de respecto ao que pensan ou din os demais, as mentiras, os enganos, os comentarios que sabemos que feren e entristecen a quen os recibe...
v Xesús foi un home de loita, non se deixaba vencer facilmente. Eu, tamén actúo así, ou son dos que se senten derrotados antes de comezar calquera actividade?. Que fago para que a miña vida e a dos que están ao meu redor sexa máis feliz e digna?
v Deus foinos deixando ao longo da coresma moitas pegadas no taboleiro dos sinais que puxemos diante do altar. Fomos resaltando algunhas delas: sementadores de solidariedade, paciencia, misericordia, sorrisos, silencio, diálogo agarimoso... intentei/to seguir estas pegadas na miña vida?
v Esfórzome por non crerme mellor nin máis xusto, nin máis listo, nin mellor persoa que os demais?
v Revisemos e preguntémonos: nesta coresma, que cousas fun deixando atrás para ser unha persoa máis alegre, xusta, sincera, paciente, respectuosa... ?
v Sempre nos é máis fácil criticar que valorar o que outros fan ben?. Intento superar esta tentación?
v Esfórzome para que o rancor non vaia aniñando no meu corazón, nin a envexa nin o orgullo de pensar que son mellor que os demais?
v Distingo entre o pecado o que eu ou outros facemos mal, da persoa que o fai?
v Deixemos logo que o corazón de pedra que foi acumulando durezas e insensibilidade se vaia convertendo en corazón de carne desde o Deus que nos invita esta tarde a recoñecernos necesitados do seu perdón, e acheguémonos con convencemento e alegría a recibi-lo perdón que a través das palabras da absolución pronunciadas polo sacerdote nos ofrece Xesús.
EU CONFESO
PETICIÓNS DE PERDÓN
*   Pola nosa falta de misericordia, SEÑOR, RENÓVANOS CO TEU PERDÓN.
*   Pola nosa falta de alegría e esperanza á hora de actuar, CRISTO, RENÓVANOS CO TEU PERDÓN.
*   Pola nosa actitude que fai que pensemos que somos mellores cós demais, SEÑOR, RENÓVANOS CO TEU PERDÓN.
ABSOLUCIÓN
NOSO PAI
PAZ
ORACIÓN DE ACCIÓN DE GRAZAS
ˣ   Se o teu amigo ten fame ou sede, dálle da túa parte.
ˣ   Se non ten quen o queira, quéreo ti.
ˣ   Se non ten fogar nin roupa, dálle casa e roupas.
ˣ   Se está só, faille compañía.
ˣ   Se te necesita, escóitao.
ˣ   Se ri: ri con el;
ˣ   Se chora: chora con el;
ˣ   Se está enfermo, préstalle a túa axuda.
ˣ   Se se vai gozar da presenza de Deus, Non o esquezas: reza por el.
SINAIS QUE EXPRESEN A CONVERSIÓN
Ø Varios ladrillos: temos que construír xuntos unha vida máis feliz, acolledora e coa que nos sintamos a gusto. Pero non podemos facelo solos, necesitámonos uns aos outros.
Ø O peto do sinal diocesano de axuda aos refuxiados. Saímos de nós para descubrir que hai persoas moito máis necesitadas. A nosa xenerosidade é un pequeno paso que axudará a poñer un sorriso no seu corazón e nos seus beizos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...