Advento: Luz, desde a Palabra proclamada, para un tempo de conversión Cantos Entrada.- Preparade o camiño ao Señor Lecturas.- As túas palabras, Señor ( 113) Ofertorio. - Eu soñei ( 58 ) Comuñón. - Xesús chamado amigo ( 89) Sinal de Advento Poñemos un taboleiro diante do altar e nel, sobre unha cartolina morada, colocamos un cartel no que apareza a imaxe dunha vela e dunha biblia aberta . Escribimos ao lado a seguinte lenda: Advento, luz e Palabra . Ao longo de cada un dos domingos iremos colocando unha palabra ao redor do cartel : nen@s, moz@s, matrimonios e maiores. Abrindo os ollos e mirando aos lados Volvemos comezar unha nova oportunidade de mirar cara dentro de nós e descubrir a necesidade de poñernos de novo en camiño e de deixar atrás todo canto nos pesa e nos impide camiñar de maneira lixeira e esperanzada: tristura, desánimo, comentarios ferintes... O Advento que nos invita a poñernos en camiño, é unha gr
Para orar e celebrar a fe na nosa terra