Ir al contenido principal

33 Domingo TO B Dia mundial dos pobres

https://tse3.mm.bing.net/th?id=OIP.hYy9EKpAgxcIzMWs8grmNAHaDj&pid=15.1&P=0&w=362&h=175

Abrindo os ollos e mirando aos lados
Reunidos para celebrar a fe, experiencia de unidade e caridade. Neste domingo, porque así estableceu o papa Francisco, a Igrexa celebra o día mundial dos pobres. Coa se pretende que na nosa conciencia se produza un forte chamamento, de modo que esteamos cada vez máis convencidos de que compartir cos pobres permítenos entender o Evanxeo na súa verdade máis profunda e de que os pobres non son un problema, senón un medio para acoller e vivir a esencia do Evanxeo.
Ofrezámoslle achega sincera, a oración, e a axuda xenerosa e efectiva a tantas persoas que, cerca e lonxe de nós, sofren diferentes formas de pobreza que se dan hoxe no noso mundo. Na celebración que agora comezamos atoparémonos con Xesús modelo de amor e entrega, e forza para vivir na caridade cristián cos pobres e necesitados.
Corazón misericordioso
  • Defensor dos pobres: Señor, que acollamos co corazón.
  • Refuxio dos débiles: Cristo, que acollamos co corazón.
  • Esperanza dos pecadores: Señor, que acollamos co corazón.

Palabra encarnada
  • Xesús, no seu compartir  cos que o escoitaban, insistía moitas veces na necesidade de amar non coas palabras, senón coas obras. Esta insistencia de Xesús é a que está detrás da decisión do papa Francisco para que en toda a Igrexa este domingo celebremos o día mundial dos pobres. Unha chamada á nosa conciencia e ao noso corazón para  que non deixemos que a fe se converta en ideoloxía  de empobrecemento e exclusión dos sen voz; en teoría pechada e desapegada da realidade que dá as costas a tantas persoas que viven no noso mundo esquecidas, silenciadas e invisibilizadas. É máis, para que tampouco nós sexamos os que contribuamos ea esa exclusión e indiferenza cos nosos comportamentos e as actitudes que habitualmente imos desenvolvendo nas nosas relacións cos demais.

  • Estamos chamados a acoller o grito dos empobrecidos, de preto e de lonxe, para  desde eles responder coa nosa vida e o actuar honesto, igualitario e fraterno a calquera intento de utilizalos para a comenencia do poderosos. As persoas non somos cousas, e merecemos, tod@s, o mesmo respecto. Sen facer distinción en función de intereses, clases sociais, estratexias de poder ou estatuto económico. Ante o berro dos pobres, a nosa ha ser unha resposta liberadora e crible. E esta só pode chegar desde a sinxeleza e sinceridade do actuar, das cousas que facemos cada día.

  • Como Igrexa que  non busca autoxustificacións nin silencios – a realidade que con tanta tristeza estamos a vivir respecto  ao silencio e desconsideración coas vítimas dos abusos ben pon de manifesto o que non debemos facer - que dean por boas  pobrezas e o número cada vez máis grande de persoas pobres e explotadas. Nin a marxinación nin a explotación poden ser nunca actitudes que vivan ou xustifiquen cantos nos chamamos seguidores de Xesús neste século XXI. A Igrexa ten que ser voz de denuncia de todo canto supoña querer reducir as persoas a refugallo ou vergoña. Somos, e non podemos esquecelo nunca, fill@s de Deus, e desde Este Pai/Nai, compartimos dignidade e fraternidade . Nada que lle ocorra a un irmán pode deixarnos tranquilos nin indiferentes. Deus escoita o berro de quen é atropelado e destrozado na súa dignidade, e nós non podemos/debemos facer oídos xordos a este chamamento . Detrás de cada situación de pobreza atópase a inxustiza estrutural dunha sociedade que esquece ás persoas e só busca ganancia e rendemento económico. Traballemos logo, desde o estilo de Xesús , na construción do seu Reino. Loitando contra calquera tentación que sobrevalore as cousas, e esqueza, silencie e torza a cara ante a dor e o sufrimento das persoas. Porque os empobrecid@s nos evanxelizan, deixémonos evanxelizar por eles!



Pés no chan e confianza en Deus

Presentemos a nosa oración a Deus, que sempre escoita as súplicas dos                         empobrecid@s do noso mundo. Fagámolo dicindo: que o noso actuar non silencie a inxustiza.

  • Pola Igrexa para que presente ante o mundo o testemuño auténtico do amor e do coidado polos pobres. Oremos. que o noso actuar non silencie a inxustiza.


  • Polas persoas que dirixen as nacións e polos que teñen responsabilidades no campo económico e social, para que poñan os seus esforzos na promoción dos máis desfavorecidos. Oremos. que o noso actuar non silencie a inxustiza.


  • Polas persoas que están no paro, as enfermas, as que carecen de cultura e formación, as que viven soas, as que non teñen alimentos ou auga potable, as que non teñen un fogar digno, as que tiveron que migrar, para que encontren en nós comprensión, consolo e axuda. Oremos. que o noso actuar non silencie a inxustiza.

Escoita, Deus de misericordia, a nosa oración e fainos cada día máis xenerosos. Por Xesucristo, noso Señor.

Aquecendo o corazón

 A miúdo son precisamente os pobres os que poñen en crise a nosa indiferenza, filla dunha visión da vida en exceso inmanente e atada ao presente. O berro do pobre é tamén un berro de esperanza co que manifesta a certeza de ser liberado. A esperanza fundada sobre o amor de Deus que non abandona a quen nel confía (cf. Rom 8, 31-39). Santa Tareixa de Avila no seu Camiño de perfección escribía: «a pobreza é un ben que encerra tódolos bens do mundo. É un señorío grande. É señorear tódolos bens do mundo a quen non lle importan nada» (2, 5). É na medida na que sexamos capaces de discernir o verdadeiro ben que nos volveremos ricos ante Deus e sabios ante nós mesmos e ante os demais. Así é: na medida que se logra dar o sentido xusto e verdadeiro á riqueza, médrase en humanidade e un vólvese capaz de compartir.  
                 ( Francisco, Mensaxe para o día mundial dos pobres )

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...