Ir al contenido principal

Domingo Ramos 2025

TRANSFORMEMOS A FLOR MURCHA DA CORESMA NO VERDE ESPERANZADO CARA Á PASCUA

 

Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos. 

COMEZANDO A CAMIÑAR

Xesús púxose en camiño cara a Xerusalén ,escoitaremos na lectura do evanxeo de Lucas. Un camiño que se converte en sinal de contradición. En Xerusalén vivirá a morte; pero tamén alí, na mesma Xerusalén, na resurrección, mostrarase a grandeza e a fondura do Deus que envía ao seu Fillo para ser coma nós. A resurrección é, xa que logo, o triunfo, a esperanza, o punto de chegada dun camiño duro, difícil e cheo de dificultades.
Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo.
Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza.


ACOLLENDO A BENDICIÓN DE DEUS

Señor, sabéndonos persoas acollidas e agarimadas por Ti, queremos comezar este camiño de esperanza e plenitude que nos leva ata Xerusalén. Traemos ramos e palmas para que nos acompañen nesta camiñada e para que os enchoupes coa túa bendición. 

Que esta auga que imos asperxer sobre os ramos e as palmas, sexa sinal da túa invitación a ser berce de esperanza coa nosa palabra e as nosas accións.

Bendí + estes ramos e palmas, cos que mostramos que comezamos o camiño que nos leva a participar comunitariamente de Semana Santa de vida e resurrección. P. X.N.S. Amén.

(Ao remate da bendición, comezamos a procesión cara á igrexa cantando)

CANTO PROCESIONAL

Temos unha festa ao pé do altar,
Deus é quen convida: vide logo irmáns.
Temos unha festa ao pé do altar,
se Deus nos convida, iremos alá.
1. Encheremos a igrexa de flores, luciremos as roupas mellores, pois a festa é festa rachada, porque en Deus temos posta a esperanza.
2. Xuntaremos as voces rezando, louvarémolo cos nosos cantos,  á súa mesa colleremos os folgos, para logo servilo nos outros.
3. Sentiremos a súa presenza nos irmáns que comparten a festa, e despois renovados iremos, polas rúas anunciando o Reino.

ORACIÓN COLECTA

Fai crecer, Señor, a fe das persoas que esperamos en Ti e escoita as oracións das que a ti acudimos; para que ao erguer hoxe os ramos e as palmas en honor de Cristo vitorioso, permanezamos nel dando froito abundante de boas obras. P.X.N.S. Amén.

Deixándonos remoer pola forza da Palabra

· Comezabamos fóra bendicindo ramos e palmas e poñéndonos en camiño. Toda unha metáfora da vida, do comezar, do decidirse a camiñar a pesar das dificultades, atrancos, e moitas veces, dúbidas e incomprensións sobre ese camiño. Pero comezamos, e iso é o importante. Non deixándonos levar da preguiza de quen vai deixando dun día para outro a decisión de camiñar. Domingo de Ramos é festa de invitación a perder medos e decidirse. Xa non podemos deixar para máis adiante, porque so quen comeza pode chegar, con tódalas dificultades que vaian aparecendo ao longo das xornadas, si, ata a meta. E a meta deste camiño que hoxe comezamos está no domingo de Pascua, no domingo de resurrección; ese domingo que nos di que a morte, a dor, a tristura, os medos, os desacougos, os... foron vencidos. E que outra tempo, no que o evanxeo sexa luz, é posible.
· E gozaremos ao proclamar que foron as mulleres ás primeiras en descubrir que todo canto Xesús dixera, vivira e compartira non fracasara. Que non venceron os poderosos; que os que querían controlar, mandar, impoñer, decidir... esconder e calar a voz da esperanza coa que falaba Xesús non foron capaces de conseguilo e vencer. Todo o contrario. A mensaxe para os pobres, os eivados, os invisibles, os débiles, os esquecidos, aqueles aos que ninguén lles prestara atención, non sendo Xesús, non quedaron derrotados. Iniciamos entón hoxe o camiño que acabará poñendo no cumio do proxecto de amor, de vida, de esperanza e do triunfo aos sinxelos e pequenos, porque eles son, foron e seguirán sendo os preferidos de Deus.
· Non paremos entón nesta camiñada que hoxe temos comezado, e sigamos unidos como comunidade que loita contra todo canto quere impedir que poidamos chegar ao final deste camiño de triunfo e vida. Que a preguiza non nos impida gozar desta marabilloso agasallo que Deus nos fai!

Camiñemos na forza da oración sinodal

Porque somos Igrexa que camiña xunta, sinodalmente, compartimos agora a nosa oración comunitaria que alenta e anima o noso camiñar dicindo:
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Para que a flor murcha que nos foi acompañando ao longo da coresma, se converta en flor capaz de reverdecer os nosos corazóns na busca de ser unha Igrexa ao servizo da renovación e a creatividade; OREMOS.
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Para que neste noso mundo, tan ameazado polo egoísmo e os intereses dos poderosos, os cristiáns e as cristiás saibamos ser gozo e esperanza de entendemento, diálogo e ben común; OREMOS.
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Para que nas nosas comunidades parroquiais saibamos vivir estes días coa fondura dunha fe que nos leva a comprometernos a ser testemuñas de fraternidade e amizade social, que busquen servir e non servirnos; OREMOS.
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Para que o camiño que hoxe iniciamos nos faga ver que a fe ha ser sempre motor de liberación e fraternidade da nosa vida e do noso xeito de tratarnos e respectarnos; OREMOS.
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Que a túa bendición anime e alente o noso camiñar para ser unha Igrexa de ollos abertos e camiñar sinodal. P.X.N.S. Amén.

OFERTORIO

Unha crianza, unha persoa moza, unha persoa adulta e unha maior achegan ao altar ramos e palmas que antes temos bendicido e colócanos ao seu redor.
Cando estabamos fóra bendicimos os ramos e as palmas. Agora achegamos ao altar algúns deles para que na mesa do pan compartido sexamos quen de visibilizar a necesidade, que nunca deberamos esquecer, de establecer relacións interxeracionais de confianza e entendemento que enriquezan, como pingueiras de esperanza, a vida e a comunicación dentro das nosas familias.

Alentando o noso camiñar

Aproveita estes días para procesionar con Cristo. Sen ritualismos nin teoloxías, achegándote a El coa sinxeleza dun fillo, dunha filla que lle conta ao seu pai e a súa nai o que sente, o que lle aleda, o que lle produce medo ou tristura, o que... porque so nesa confianza serás quen de comprender o misterio que estes días, cantos nos chamamos seguidoras e seguidores do Señor, celebramos, compartimos e vivimos.

E se consegues gozar da súa presenza en ti, entenderás porque precisamos celebrar este camiño de acollida e esperanza. Camiño que non esquece a dureza da vida na dor do Venres Santo, pero no que a forza do pan compartido, Xoves Santo, é alimento para non desfalecer ata acadar a meta da resurrección: a Pascua.

Comentarios

Entradas populares de este blog

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...