Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

4 Domingo TO C 2022

Deus proponnos como tarefa se-la súa voz no medio do mundo Canto gozoso · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ). · Lecturas.- Canta Aleluia ( 21). · Ofertorio.- Recibe Señor (  ). · Comuñón.- Oh, Señor, escóllema ( 62). Ollos abertos           A vida vai facendo que ante situacións diversas que nos pasan, ou que lle pasan á persoas que coñecemos, fagamos o esforzo de parar a pensar e preguntarnos por que nos ocorren certas cousas, ou porque lles ocorreron a alguén preto a nós, sen deixarnos levar pola rutina do “tiña que ser” ou “eu xa o sabía”. Isto supón superar a tentación do piloto automático que só busca xulgar e prexulgar sempre sen ter en conta as situacións que podemos estar a  vivir.  Saber discernir, non deixarnos levar polo retrouso de sempre, aprender a ver a presenza de Deus en cada momento, non como o ollo castigador que todo o xulga, e si como o corazón agarimoso que simplemente está, e quere que sexamos felices  decidindo, buscando como acertar, tentando facer o que é sempr

3 domingo TO C 2021

  A IGREXA: UN QUEBRACABEZAS ONDE NON SOBRA NINGUNHA PEZA CANTO GOZOSO Entrada.- Non vou só (60 ) Lecturas.- As túas palabras, Señor, son Espírito e vida ( ) Ofertorio.- Na nosa terra ( ) Comuñón.- Quédate, Señor, connosco ( ) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN Moitas e moitos de nós temos a experiencia de montar un quebracabezas (“ puzzle ”) e cando chegamos ao final decatámonos de que hai unha peza que non encaixa ou que nos falta. Isto provócanos certa frustración por non ter rematado ben o traballo. Tamén as lecturas de hoxe nos falan do quebracabezas eclesial, o que conformamos todas e todos nós e no que non sobra ningunha peza, pero si faltan moitas que se foron perdendo polo camiño. Correspóndenos a nós, co noso testemuño de vida, facer o posible para que todas as pezas volvan ao seu sitio, evitando tamén que ningunha delas se perda ou quede desaxustada. Iso esixe de nós moita capacidade de empatía e menos dogmatismo, porque as cousas, inda que nos puidera parecer o contrario, non só son

2 domingo TO 2022 C

  SERVIR SUPÓN SABER ESTAR PRESENTE NO MOMENTO XUSTO CANTO GOZOSO Entrada .- Que ledicia ( ) Lecturas .- As túas palabras, Señor, son espírito e vida (  ) Ofertorio .- Acharte presente (  ) Comuñón .- Xesús é Señor ( ) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN Saber estar no lugar adecuado no momento xusto, ten suposto non poucas alegrías, e evitado tamén non poucas tristezas a quen foi protagonista nesa situación. E disto, da discreción de saber estar fálannos hoxe as lecturas. Non calar cando vemos unha inxustiza, dicir a palabra xusta sen necesidade de caer en verborreas baleiras, non pasar de largo cando alguén está nunha situación de dificultade, saber agardar sen alporizarnos, son todas elas actitudes nas que a discreción se converte eixe no que a persoa é centro desde o que ir artellando a vida. Deixemos que esta palabra enchoupe o noso corazón coa discreción de quen, sen facerse notar, vai sementando estrelas de encontro e solidariedade alí por onde pasa. ABRÍNDONOS Á MISERICORDIA ·        Polo

Epifania 2022

  ALIMENTANDO A ILUSIÓN, QUE TANTA FALTA NOS FAI CANTOS:  Panxoliñas OLLOS DE ESPERANZA A festa que celebramos hoxe é a festa da ilusión, unha ilusión que está hoxe no centro da nosa celebración. Se o domingo se nos chamaba a descubrir a maxia que nos leva a ter presentes nela ás persoas que non están, ás persoas enfermas, ás persoas migrantes, a quen está pasando por dificultades, hoxe somos invitadas e invitados a enchoupar esa maxia coa ilusión de saber que, coma os magos, tamén seguimos a estrela que leva ao Salvador. A festa de hoxe, a manifestación do Señor a todos os pobos, convídanos a camiñar cara ao portal para agradecer que somos persoas escollidas por Deus para formar parte do seu proxecto de amor, que une corazóns e mans solidarias. CORAZÓN MISERICORDIOSO        Señor, coma os Reis, poñémonos con sinxeleza diante túa e pedímosche perdón por non ter sabido darche o incenso, o ouro e a mirra das nosas vidas.  SEÑOR, RENOVA A NOSA ILUSIÓN.        Cristo, coma os Reis, poñémon