Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2010

28 domingo TO 2010

Unha fe de convicións PÓRTICO Hoxe, a celebración resalta unha serie de actitudes cristiás que estamos chamad@s a vivir: paciencia, humildade, sinxeleza, confianza... ; pero coa nosa vida, porque é desde o noso testemuño existencial como llas temos que mostrar aos demais, tratando de que as relacións interpersoais nunca se fundamenten no odio, no egoísmo, na autosuficiencia… Así, cando todo nos chama a ir por outro camiño, hoxe queremos seguir o vieiro que Xesús nos ensinou, un vieiro de superación, de risco, pero sobre todo de felicidade. Non teñamos medo a seguilo. É a comunidade a que nos invita e nos envía a ser a luz e sal no medio do noso mundo. Perdón Porque preferimos botarlle a culpa aos demais, enganándonos a nós mesmos, e metendo a cabeza debaixo da terra diante dos problemas, SEÑOR, PERDOA A NOSA INDIFERENZA Polas veces en que nos poñemos diante de Deus e incluso dos demais para lembrarlles o moito que facemos por eles, para facelos conscientes da súa dependencia de

Domingo 26 TO 2010

MIGALLIÑAS DE AMOR PÓRTICO Ata hai ben pouco tempo o noso ritmo aloucado de vida fíxonos crer que nada se nos podía negar, que con ter cartos todo era posible. Para que pensar no futuro –diciamos-, se quizais nunca o poderei disfrutar?. O que vale e serve é o vivir ao día, o presente, o momento… e facelo a tope, sen preocuparnos do que logo virá, nin do que lle pasa aos outros. Viviamos coma Epulóns sen compartir nin unha migalliña do noso pan con tantos Lázaros. E entón, cando ninguén a esperaba, chegou a crise, maldita crise!. Unha crise que foi deixando a moitos nas beiras, sen traballo e polo tanto sen poder pagar as súas débedas, sen ilusións, sen esperanza. Unha crise que nos pillou co pé cambiado. Unha crise que nos fixo tomar conciencia de que non é na soberbia de quen vive por riba das súas posibilidades onde atopamos sentido, senón na sinxeleza de quen busca vivir con dignidade e ser feliz vivindo co necesario, e que descubre que as pequenas cousas seguen a ser importantes; q

DOMINGO 25 TO 2010

Cando a oración non é mercantilismo e si gratuidade agradecida, Deus non é o ogro que nos asusta, senón o Pai/Nai que nos quere Pórtico     Acostumados a distribuír o noso tempo en función das cousas que temos que facer, pode pasarnos que cando ese tempo se refire á dimensión espiritual tamén a entendamos como algo que podemos comprar e pagar ben por ela; sen ser capaces de diferenciar o que esta dimensión nos aporta, e a que comprensión de nós e do mundo nos abre. Ao facelo así, podemos acabar caendo, acostumados como estamos a facelo noutros ámbitos da vida, nunha concepción mercantilista, onde todo se compra e se vende en función dos cartos que un teña ou da posición que ocupe na sociedade.Non é entón estraño que o sentido de gratuidade, agradecemento, comuñón solidaria, xustiza… se afasten da idea que temos do relixioso, e da idea que asociamos ao concepto Deus. Porén, a imaxe de Deus que vai aparecendo ao longo dos textos que cada domingo proclamamos nas celebracións, é unha imaxe

Domingo 24 TO

Se a Igrexa é o novo pobo de Deus, terá tamén El que dicirnos, como dixo de Israel: "...Pervertéronse. Desviáronse do camiño que eu lles indicara. Fixéronse un becerro de metal, prostráronse diante del, ofrecéronlle sacrificios ...?". Non?. Pois moito temos que cambiar. PÓRTICO A celebración de hoxe ben podería comprenderse desde as seguintes tres palabras: acollida, alegría e confianza. Porque son estas as tres actitudes que se descobren como eixe das lecturas que imos proclamar na nosa reunión comunitaria. A acollida dun Deus que se fai pobo e que ofrece salvación para tod@s; a alegría daquel@s que se senten querid@s, valorad@s e respectad@s; e confianza porque a pesares de que moitas veces lle viramos as costas a Deus, El segue a ofrecer as súas mans abertas a cant@s queiran collelas.     Que estas sexan tamén para nós tres actitudes coas que vaiamos facendo da vida un camiño que nos module, a imaxe e semellanza de canto Xesús nos mostrou e invitou a seguir coa súa vid