En tempo de crise, Advento é Amor Signo: Colocamos o segundo dos pétalos en forma de corazón do logotipo de Cáritas. PÓRTICO O protagonista por excelencia deste segundo domingo de Advento é Xoán Bautista, un home que a pesares de que non pertencía a xerarquía algunha e de que non posuía poder, cartos ou autoridade é o único que escoita a Palabra de Deus. Tamén hoxe un berro doloroso resoa no noso mundo. É o clamor dos pobres, dos indefensos, dos parados, dos atropelados pola inxustiza, dos anciáns, dos humillados, dos manipulados, dos emigrantes, dos que viven nun sensentido... E a súa voz, coma a de Xoán Bautista, ten que urxirnos a socializar máis a nosa vida e a empeñarnos en proxectos e camiños novos que pairan unha nova sociedade, organizada non en función dos intereses duns privilexiados, senón das necesidades dos débiles e indefensos. Esa voz que fala de converterse, de endereitar, de igualar.... é a que nos convoca nesta mañá para que, deixando atrás tanto lastre que nos i...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra