Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

4 domingo TO B 2021

Quen ten bo oído nunca desafina: sabe escoitar tódalas voces sen confundilas Cantos. -     Entrada.-  Con ledicia vimos ( 3)     Lecturas.- Ditosos os que temen ao Señor ( 19)     Ofertorio.- Déixate querer ( 61 )     Comuñón.- Quédate, Señor, connosco (  63) Mirada de esperanza Esta terceira onda da COVID19 chéganos con tanta forza que parece que vai levando todo e a tod@s a eito. Diante desta situación caben dúas maneiras de entender e actuar: caer no pesimismo vitimista que só é capaz de ver todo negro e sen ningunha perspectiva; ou facerlle fronte desde a esperanza de quen ten fe, sendo conscientes das dificultades do momento, e sabendo da fraxilidade da cada un e cada unha de nós, pero esforzándonos por actuar de xeito responsable, e sen deixar que as noticias desalentadoras ou as medidas que nos piden pensar no ben común e non de maneira individualista, nos leven a caer na tristura desesperanzada. No salmo responsorial de hoxe chámasenos a escoitar a voz do Señor que nos se

2 domingo TO B 2021

VINDE E VEREDES CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Pedras vivas o    LECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade o    OFERTORIO: Acharte presente (Nº51) o    COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN             Xesús invítanos a ser pedras construtoras do mundo como casa onde se acolle; casa na que as fronteiras non se pechan senón que están permanente abertas para ir e vir; pedras desde onde construír pontes que unen e achegan e non muros que poñen distancia entre nós. E para iso non nos queda outra que ter os oídos atentos, como os tivo Samuel, á voz que Deus nos dirixe a través do berro, moitas veces desgarrador, das persoas que son contadas como números e tratadas coma cousas. Fagamos logo desta celebración que agora comeza rebelión interior que cambie a nosa vida e non se deixe levar polo desleixo. ABRÍNDONOS Á MISERICORDIA ·        Porque ante a chamada de Deus, nós respondemos con escusas e afastamento; SEÑOR, NON CANS