A festa da Comuñón: Creo nun Deus que Elixe, Envía e Acompaña Pórtico A globalización, mundo sen fronteiras nin Estados, vainos facendo caer na conta de que cando dicimos pluralidade, sexa relixiosa, política, cultural, laboral, lingüística ou social, non estamos a falar de memoria ou en abstracto, senón que é unha realidade, unha vivencia coa que topamos cada día nas rúas, no traballo, na escola, nos sitios de lecer, nos templos... A festa de hoxe, a Trindade, quere pornos de manifesto que Deus, o Deus do Evanxeo, a quen lle rezamos e no nome de quen nos reunimos, non é excluínte ou elitista; ao contrario, é un Deus de tod@s e para tod@s, que se nos vai mostrando coma un Pai que quere aos seus Fill@s e @s acompaña coma Vento enfortecedor. Que a celebración que agora comezamos nos abra a esta forza do Deus que non quere camiñar só. Perdón · Por non estar dispost@s a superar prexuízos que nos fan crer que só nós, ou os que pensan coma nós, son os elix
Para orar e celebrar a fe na nosa terra