Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2023

Santa María 2024

  SANTA MARÍA, NAI DE DEUS A FAMILIA HUMANA, COMUNIDADE DE PAZ CANTOS *       Panxoliñas BENDICIÓN AO COMEZO ¨     Que Deus nos bendiga todos os días do ano ¨     Que Deus nos sorría todos os días do ano ¨     Que Deus se fixe en nós todos os días do ano ¨     Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano OLLOS ABERTOS Hoxe, que comezamos un novo ano, a Igrexa celebra a Xornada Mundial da Paz. No medio dunha humanidade envolta en tantas guerras e conflitos, a Igrexa, nós, queremos comezar o aninovo volvendo os nosos ollos cara ó Neno que vén de nacer e que nos trae a paz verdadeira. E elevamos cara ese Deus Neno unha oración pola paz para que toque os nosos corazóns e nos axude a botar fora deles os obstáculos que lle poñemos á xustiza e á paz; porque co corazón cheo de xenreira, de condena, de intolerancia ou dogmatismo nunca poderemos aportar paz á convivencia entre as per...

Nadal 2023

PORQUE DEUS SE FIXO UN DE NÓS... TODO PODE CAMBIAR, ATREVÁMONOS A SOÑAR!!!! CANTO GOZOSO ·       Panxoliñas ESCOITA ACTIVA Bos días e Bo Nadal para todas e para todos vós!!!!. Porque moitas persoas viven na máis absoluta soidade; porque a morte, a dor, a guerra e o sufrimento non teñen a derradeira palabra; porque constantemente caemos nas redes do consumismo; porque moitas veces a dignidade da persoas mídese pola forza, a riqueza ou a sorte; porque a humanidade vive nunha crise desesperanzada e deprimente; porque só Deus podía salvar ás persoas... enviou ao seu Fillo ao mundo. Se Deus se fixo un de nós, todo pode cambiar: novas serán as persoas, nova será a sociedade, nova será a terra. Non perdamos máis tempo, non poñamos máis escusas, non renunciemos á ledicia e ao amor que nos trae. Abramos o noso corazón e acollámolo: vén para traernos felicidade e vida. CORAZÓN MISERICORDIOSO   ·       Eu son César Augusto, o e...

Sagrada Familia 2023

  A Familia portadora da Boa Nova CANTO GOZOSO Entrada.- Que ledicia a miña (Nº 4) Lecturas.- Canta aleluia (Nº 21) Ofertorio.- Na nosa terra (Nº 36) Comuñón.- Gracias, Señor graciñas (Nº 50)   ESCOITA ACTIVA Neste domingo, festa da Sagrada Familia, María, Xosé e Xesús achéganse a nós desde o seu compartir familiar. Un compartir guiado polo amor, o agarimo, a escoita e o respecto entre eles e ofrecido, na fraternidade, a tódolas demais familias. Neles invítasenos a nós a ser tamén berce de agarimo e escoita nas nosas familias, de xeito que sabéndonos escoitar, vaiamos construíndo unhas relacións de colaboración, axuda, fraternidade e amor. Que acollendo este proxecto de vida familiar que descubrimos na familia de Nazaret, sexamos tamén nós portadores e portadoras de Boa Nova de xenerosidade, colaboración, misericordia e gratitude no medio das nosas familias.   CORAZÓN MISERICORDIOSO ·       Porque non sempre nos esforzam...