Ir al contenido principal

3 advento 2023

 Que a Boa nova de Xesús saibamos convertela en espiritualidade transformadora e fraterna

 

Sinal de Advento.- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Colaboración.

Cantos

         Entrada.-  Volve, Señor ( 90 )

Lecturas.- Manda o teu Espírito ( 126  )

Ofertorio.-  Velaqui Señor o viño ( 37)

Comuñón.-  Xesús chamado amigo  ( 89 )

Abrindo o corazón

                        Paz e ben no nome do Señor que nos reunide un domingo máis ao redor do altar. O profeta Isaías falaranos hoxe  na primeira lectura da forza da presenza do Espírito en cada un e cada unha de nós e na vida da comunidade. A súa forza ten capacidade para que os nosos corazóns se vexan empurrados a superar a tentación da comodidade e da rutina, da acomodación e do aburrimento.

 Porque o Espírito do Señor está tamén sobre cada un e cada unha de nós, deixemos que El mova e renove os nosos corazóns para que sexamos crentes con capacidade de non calar diante de inxustizas e desigualdades; diante de abusos e maltrato; diante de invisibilidades e silencios.

            Que a celebración que agora comezamos  nos dea a forza necesaria e suficiente para que, movidos pola presenza do Espírito, superemos o individualismo que tantas veces nos incapacita, e camiñemos esforzándonos por facer da colaboración actitude que rompa co noso egoísmo

Misericordia compartida

Ø   Para que non impidamos que o vento do Espírito nos mova a colaborar e participar en accións de ben común. Señor, que non fagamos oídos xordos a túa palabra.

 

Ø  Para que non nos fagamos preguiceiros nin folgazáns na nosa preocupación polo ben das demais persoas. Cristo, que non fagamos oídos xordos a túa palabra.

 

Ø  Para que non nos deixemos vencer polo desánimo nin  a tristura. Señor, que non fagamos oídos xordos a túa palabra.

Palabra proclamada

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

O Espírito do Señor, Deus, está sobre min,

porque o Señor me unxiu.

Mándame anuncia-la boa nova ós pobres,

cura-los de corazón destrozado,

proclamarlles ós cativos a liberdade

e ós presos que abran os ollos,

para proclamar un ano de gracia do Señor

Exultarei ledicioso polo Señor,

e a miña alma brincará de xúbilo polo meu Deus,

xa que me fixo vestir roupas da salvación

envolveume co manto da xustiza,

coma o noivo que veste solemnemente o turbante,

e coma a noiva que se adorna coas súas xoias.

Pois, como a terra fai saí-los seus gromos,

e como un horto fai brota-las súas sementeiras,

así o Señor Iavé fará brota-la xustiza,

e a louvanza ante tódolos pobosPalabra do Señor. Grazas a Deus.

 

 

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES

Irmáns e irmás:

Estade sempre alegres. Orade constantemente. Dade gracias en tódalas ocasións: que isto é o que Deus quere de vós coma cristiáns. Non apaguéde-lo Espírito; non desprecéde-las palabras inspiradas. Examinádeo todo e agarrádevos ó que é bo. Arre-dade de toda especie de mal.

Que o Deus da paz vos santifique totalmente: que todo o voso ser  espírito, alma e corpo  se conserve indemne na Parusía do noso Señor Xesús Cristo. Pois o que vos chama é fiel, e hao facer. Palabra do Señor. Grazas a Deus.

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Houbo un home

mandado por Deus:

o seu nome era Xoán.

Este veu de testemuña

para dar testemuño da luz,

para que todos cresen por el.

Non era el a luz,

senón que veu para dar testemuño da luz.

E este é o testemuño de Xoán cando os xudeus lle mandaron de Xerusalén sacerdotes e levitas onda el, para lle preguntar:

 ¿Ti quen es?

El declarou e non negou. Declarou:

 Eu non son o Cristo.

Preguntáronlle:

 Entón ¿quen es ti? ¿Es Elías?

Contestou:

 Non son.

 ¿E-lo profeta?

Respondeu:

 Non.

Daquela dixéronlle:

 ¿E, logo, quen es? Para que lles poidamos dar unha resposta ós que nos mandaron. ¿Que dis de ti mesmo?

El dicía:

 Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" (como escribira o profeta Isaías).

Algúns dos mandados eran fariseos e preguntáronlle:

 Entón ¿por que bautizas, se non es ti o Cristo nin Elías nin o profeta?

Xoán respondeulles:  Eu bautizo con auga; mais entre vós está quen vós non coñecedes; o que vén detrás miña e eu non son merecente de lle desata-lo amalló da sandalia.

Todo isto pasou en Betania, pola outra banda do Xordán, onde estaba Xoán bautizando. Palabra do Señor.

Palabra remoída

Ø   O texto do profeta Isaías que vimos de escoitar na primeira lectura dinos que é a forza do Espírito, presente en nós, a que move a romper rutinas e costumes, a que non deixa que  convertamos a fe en algo insubstancial e irrelevante na nosa vida. Para evitar iso na liturxia temos estes tempos fortes, como é o Advento, para que revisemos a nosa vida e  vaiamos tomando conciencia de que precisamos cambiar cousas, renovalas, volver comezar de novo, non deixarnos levar pola preguiza, recuperar esa visión  da vida chea de esperanza e moito máis alegre da que  adoitamos ter. Porque a fe ten que ir conformando a perspectiva de como e cara onde imos e queremos ir, pois só así seremos quen de  estimulala, compartila,  e atopar nela a forza para ir transformando situacións e realidades que ao noso redor sabemos que non van ben. Traballemos logo para que neste Advento a solidariedade e a colaboración marquen o noso actuar, o noso comportarnos, o noso responder a ser anunciadores da boa nova coa maneira de recoñecer a Xesús nas persoas pobres e máis necesitadas do noso mundo. E especialmente deste mundo que temos máis preto. ao noso lado.

 

Ø   Neste aprender a recoñecer, sen paternalismos nin clasismo, aos pobres que temos ao noso redor. E cando falamos de pobres non nos referimos, non deberamos, só aos que non teñen medios económicos, que tamén, senón a tódalas pobrezas que tanto golpean o mundo do que nos formamos parte. Pobrezas de soidade, abandono, vellez, maltrato, violencia, faltas de respecto para quen non pensa coma nós ou baleiros de sentido e horizonte de vida. Advento é tempo para deixarnos envolver polo manto de xustiza ao que nos invita o profeta Isaías na primeira lectura. Un manto que ten que cuestionar as veces nas que nós, no canto de poñer o corazón nas persoas, lle damos as costas.

 

Ø  E todo iso  ha levarnos a traballar por endereitar o camiño que nos ha levar a acoller ao Señor. E quizais, neste ano, deixará de ser un retrouso que repetimos constantemente para converterse nunha actitude permanente no noso xeito de actuarcomportarnosfalar e dirixirnos ás demais persoas. E para iso, para ir tratando de endereitar o camiño do Señor, do que tantas veces por pensar só en de desde nós, nos imos afastando. Por iso precisamos que este tempo de Advento sexa un tempo no que fomentemos a colaboración entre nós, a capacidade de axudarnos, de pensar unhas persoas nas outras, de que a auga do bautismo nos enchoupe de mirada humanista e compromiso solidario.

Oración compartida

            O Señor convócanos a compartir este momento de oración comunitaria, e nós respondemos dicindo: Que a colaboración nos axude a converternos da dureza do corazón.

Ø  Para que sexamos Igrexa no mundo que busque colaborar e unir forzas para traballar pola igualdade e a xustiza. Oremos. Que a colaboración nos axude a converternos da dureza do corazón.

Ø  Para que nas nosas comunidades parroquiais non caiamos na tentación  nin da soberbia nin do individualismo. Que a colaboración nos axude a converternos da dureza do corazón.

Ø  Para que todas e todos nós nos esforcemos por facer da colaboración, a participación e a solidariedade eixes do noso vivir e actuar. Oremos. Que a colaboración nos axude a converternos da dureza do corazón.

Señor, acompaña e alenta esta oración que compartimos poñendo en Ti a nosa esperanza. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Aloumiño de conversión

No mundo actual, denuncia o Papa Francisco, “ algunhas persoas con discapacidade sofren un rexeitamento, baseado na ignorancia ou en prexuízos, que as converte en marxinadas. Por iso, é o momento de cambiar un pouco a nosa mentalidade para abrirnos ás achegas e talentos destas persoas con capacidades diferentes, tanto na sociedade como na vida eclesial”. O Papa pide ás institucións civís que apoien os proxectos de persoas con discapacidade "con acceso á educación, ao emprego e aos espazos onde se exprese a creatividade" e con "iniciativas que favorezan a inclusión". Á Igrexa dille que, non nos limitemos a “eliminar barreiras físicas, senón tamén debemos asumir que temos que deixar de falar de ‘eles’e comezar a falar de ‘nós”, sen facer diferencias. A todos, pois, reitera que "necesitamos grandes corazóns que queiran acompañar".

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...