Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2022

22 domingo TO C 2022

  A HUMILDADE: RETO E TAREFA DAS PERSOAS QUE SEGUIMOS A CRISTO CANTOS ö    ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) ö    LECTURAS: Douvos un mandato novo (nº 18) ö    OFERTORIO: Benaventurados (Nº 119) ö    COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120)   OLLOS ABERTOS O pasado domingo a Palabra invitábanos a entrar pola porta estreita, a porta da inclusión e da diversidade. Esta semana móstrasenos cal debe ser a nosa equipaxe, aquilo que non debe faltar na nosa mochila: humildade para poder ver cos ollos de Deus. Si, porque a mirada de Deus é unha mirada profunda, capaz de ir máis alá do exterior para valorar e descubrir o verdadeiramente importante: o corazón. Só desde esta humildade seremos capaces de sentir que aquilo que facemos debe buscar non o recoñecemento dos demais, senón o noso sentirnos a gusto con nós mesmas e nós mesmos. Por iso estamos chamados a descubrir que somos persoas servidoras, ás veces incomprendidas e mesmo motivo de risa... pero para Deus sempre importantes.   CORAZÓN MAGO

21 Domingo TO C 2022

CONTRA O QUE PODEMOS PENSAR, A PORTA ESTREITA NON É OUTRA QUE A PORTA DA INCLUSIÓN E DA DIVERSIDADE CANTOS ö    ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) ö    LECTURAS: Xesús é Señor (nº 16) ö    OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) ö    COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) OLLOS  ABERTOS Estamos construíndo un mundo cheo de paradoxos. Un deles é a que se pon hoxe enriba da mesa. Escoitamos falar moito, moito de integración e inclusión. Invítasenos por activa e por pasiva a ser sociedades inclusivas, é dicir, sociedades nas que todas as persoas poidan ter as mesmas oportunidades, posibilidades e dereitos independentemente da súa orixe, da súa posición económica, do seu xénero, do seu físico, das súas capacidades.... Mais a realidade diaria vainos dicindo que, baixo unha falsa inclusión, as nosas sociedades son cada vez máis excluíntes e uniformadas, e a persoa que é distinta, sexa pola causa que sexa, ten que pagar unha dura peaxe. E iso pasa tamén dentro da Igrexa. Mais o Deus e

ASUNCIÓN DA NOSA SEÑORA 2022

  Andando camiño e na procura das sabelas do noso tempo   Cantos   ·        Entrada: Noraboa María  - a ti te saudamos -  (Nº 74 ) ·        Lecturas: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69) ·        Ofertorio: Recibe Señor (Nº 31 ) ·        Comuñón: Esa é María (Nº 72)   Pórtico                Dicir quince de agosto é dicir festa de María; festa dun recuncho ao outro do país; festa de encontro familiar; festa de celebración parroquial; festa de agradecemento polo seu si de acollida que abriu o camiño da salvación. Pero dicir María cando nos referimos á fe, supón dicir muller arriscada, muller xenerosa, muller entregada ao servizo dos demais, facendo a súa vida moito máis doada e feliz. Por iso en María vémonos todas e todos reflectidos como espello desde o que ir descubrindo que sen ela: muller, crente e cristiá, non poderiamos estar hoxe aquí celebrando e compartindo a fe.        Que nos esforcemos por  descubrir a María como a muller que non se deixou someter nin polas presións nin polas env