Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Ascensión 2022

A Ascensión do Señor   Non é o mesmo mirar ao ceo que pasmar co ceo Cantos • . Entrada.-  Que ledicia miña ( 4 ) • . Lecturas.- Canta o sol ( 22 ) • . Ofertorio.- Grazas, Señor, graciñas ( 50 ) • . Comuñón.- Señor Xesús, bendito sexas (  52) PÓRTICO   Neste domingo da Ascensión remata a semana da Laudato Si, a encíclica de Francisco sobre o coidado da Casa común. Unha semana  para ter sempre presente que somos do mundo e estamos no mundo; unha semana para reafirmar a noso compromiso por coidar e curar as feridas do mundo e das persoas  que nel vivimos.  E non se pode coidar e curar a esta Casa común e a quen nela vive, se non temos os ollos ben abertos e os pés ben asentados no chan. Estes dous aspectos da vida cristiá son fundamentais para poder  descubrir o verdadeiro sentido da fe no medio do noso mundo hoxe. Seguir a Xesús non é algo abstracto, teórico ou para celebrar dentro das igrexas. Todo o contrario, a fe úrxenos a saber estar no mundo pendentes de canto nel pasa; a n

Pascua das persoas enfermas

ACOMPAÑAR NO SUFRIMENTO. “SEDE MISERICORDIOSOS COMO O VOSO PAI É MISERICORDIOSO” (Lc 6,36) CANTOS . Entrada.-  Con ledicia vimos ( 3 ) . Lecturas.- Canta o sol (  22 ) . Ofertorio.- Recibe Señor  ( 31  ) . Comuñón.- Pan do ceo, pan de vida (  53 ) PÓRTICO Hoxe celebramos a Pascua do Enfermo, a xornada na que a Igrexa española nos invita a non esquecer que a enfermidade é parte da nosa vida, e que hai enfermidades porque hai homes e mulleres enfermas. De todas e todos queremos lembrarnos hoxe na celebración. Facémolo desde a solidariedade na oración e na conciencia de que hoxe as persoas enfermas son elas, pero mañá seremos nós, e tamén agradeceriamos que rezaran e nos tiveran presentes nas súas oracións e as súas visitas. As persoas enfermas non son seres anónimos, teñen nome e apelido, e a moitas delas coñecémolas. Compartamos logo a oración e fagamos memoria dos seus nomes e das súas vidas. CORAZÓN MISERICORDIOSO • Porque non queremos asumir que somos persoas febles e lim

5º Domingo de Pascua

UNHA ACTITUDE, UN COMPROMISO, UNHA OPCIÓN: O AMOR AO ESTILO DE XESÚS CANTOS Entrada: Que ledos hoxe estamos (Nº 5)) Lectura:  Ide e pregoade (Nº 55)) Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) Comuñón: O amor é o meirande (Nº 120) ABRINDO OS OLLOS Fálanos hoxe Xesús do mandato do amor. Un mandato que urxe a que o vivamos en relación cos demais, o que nos esixe ter sensibilidade especial para saber escoitar e prestar atención cando nos falan, cando nos din ou nos contan, cando alguén se dirixe a nós con preocupación e precisado de ser atendido. Porque só así a palabra amor terá sentido e será comprendido desde o estilo que Xesús nos chama a todas e todos a vivir. Que practiquemos cada día este estilo que marca Xesús de facer do amor respecto, perdón, grazas e misericordia. ACOLLENDO A MISERICORDIA ASPERSIÓN • Por ser moitas veces  incapaces de escoitar o que nos din. SEÑOR, ENCHÓUPANOS CO TEU AMOR. • Porque nos sobran présas e nos falta paciencia; CRISTO, ENCHÓUPANOS CO TEU AMOR.

4 Pascua 2022 Bo Pastor

A TENRURA ACOLLEDORA DOS BRAZOS DO PASTOR BO CANTOS ​Entrada.- Con ledicia vamos todos ao altar ( 2) ​Lecturas.- Escoita ti (26) ​Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33) ​Comuñón.- Vaiamos ao altar ( 133) ABRINDO OS OLLOS Cuarto domingo de Pascua, día do Bo Pastor. Neste día a referencia é Xesús, Nel vémonos reflectidas e reflectidos para seguir as súas pegadas para facer da nosa presenza eclesial pastoreo de servizo e escoita. E canta falta nos fan ámbalas dúas! Porque sen só sendo capaces de facer da nosa vida dispoñibilidade para cos demais, e da nosa relación coas persoas capacidade de escoitar, acabaremos entendendo o por que da Pascua, da súa alegría e da esperanza que ela nos trae e invita a celebrar. ​Que nesta mañá na que a mesa do altar nos acolle para compartir e celebrar, tomemosconciencia de que véndonos no Pastor Xesús, somos chamados e chamadas a continuar o seu pastoreo. ACOLLENDO A MISERICORDIA ASPERSIÓN Porque nos falta capacidade para a tenrura e nos sobra individualis