Sen Ti non somos nós...... e sen ti, tampouco PÓRTICO Canto temos vivido desde que comezou o tempo de Nadal foinos levando a que asentase en nós unha idea: Deus está entre nós. E isto que temos escoitado tantas veces, quere indicarnos que falamos dun Deus cercano, que se fai un de nós, e que, coma nós, vive e sente as nosas mesmas emocións: sofre, alédase, chora, goza… porque iso é o que a nós nos pasa. Non está alá no ceo e mirando para o outro lado, senón que quere facerse achega continuada ao noso lado. Que por riba de todo o externo que rodea este tempo de Nadal, saibamos descubrilo como amigo e compañeiro nesta fermosa viaxe que é aprender a estar no mundo con actitude participativa e colaboradora con todas aquelas causas que teñen ao ser humano como horizonte e fin polo que traballar. O PERDÓN Porque a nosa fe non vai da man da nosa vida e así non dubidamos en chamarnos cristiáns ao tempo que asoballamos a quen temos ao lado, SEÑOR,NON TE AFASTES NUNCA DE NÓS. Polas veces nas que...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra