Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

5 domingo de Coresma 2022 C

DEUS ESTÁ FACENDO ALGO NOVO; XA AGROMA: NON VOS DECATADES? SINAL DE CORESMA Colocamos hoxe a derradeira bágoa: DESIGUALDADE. CANTO GOZOSO ENTRADA: Arrepentido (Nº 13) LECTURAS: Na noite escura (Nº 104) OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58)  COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) PARA NON PERDER O PASO Rematamos hoxe o noso camiño coresmal. Xa divisamos Xerusalén, lugar de festa, de banquete compartido, de soedade e morte; pero tamén lugar de resurrección e vida nova. Por iso nós, con Isaías, tamén sentimos a chamada de Deus, que nos invita a deixar atrás o vello, o antigo, o que non nos fai felices, os desertos da nosa vida para abrir camiños novos, camiños frescos, camiños creativos, camiños de comuñón e sinodalidade. Uns camiños que necesariamente han transitar pola igualdade, porque a dignidade que Deus pousou no corazón de cada persoa úrxenos a afastar de nós a tentación de crérmonos superiores ou mellores ca ninguén. Por iso a derradeira bágoa é a da DESIGUALDADE, porque nun mundo que...

4 domingo CORESMA 2022 C

EN TEMPO DE TANTA XENTE PRECISADA DE REFUXIO, QUE SAIBAMOS ABRIR OS BRAZOS A QUEN VÉN E CHAMA Sinal          Seguimos engadindo bágoas ao noso taboleiro coresmal. Desta volta  colocamos a bágoa da soberbia Cantos ·        Entrada.-  Unha certeza nos guía  (  60 ) ·        Lecturas.-  Arrepentido ( 13) ·        Ofertorio.-  Ergo os meus ollos  (  112 ) ·        Comuñón.-  Xesús chamado amigo  ( )   ABRINDO OS OLLO S           Neste momento o mundo estase a converter en tempo de guerra, de refuxiados, de migrantes, de trata ... e en todas esas situacións sempre están persoas. Non son abstraccións ou teorías; falamos de persoas, seres humanos que están a ser tratados como se fosen cousas que se poden mover no taboleiro dos a...

3 domingo de Coresma

NON Á CULTURA DO DESCARTE SINAL DE CORESMA No noso intento de responder á pregunta sobre que é o “ Que nos produce bágoas no corazón, dentro e fóra da Igrexa? ”, engadimos nesta terceira semana a bágoa coa palabra  DESCARTE .   CANTO GOZOSO ENTRADA:  Eu soñei LECTURAS:  Na noite escura  OFERTORIO:  Na nosa terra  o     COMUÑÓN:  Seguirei os teus pasos PARA NON PERDER O PASO Descarte. Esta é a palabra que hoxe resoa nos nosos oídos á luz da Palabra que imos proclamar. Si, porque como ben nos advirte o papa Francisco, vivimos nunha sociedade que descarta ás persoas, excluíndo e apartando a aquelas que non dan rendemento: persoas maiores, crianzas, persoas enfermas, persoas con diversidade funcional, persoas dependentes... As persoas son consideradas como bens de consumo, que poden ser usados e tirados, escravizados, excluídos ou sometidos á desigualdade é a falta de recursos e de dereitos. Mais este non é un bo xogo, porque a dignidad...