FUXIR DAS FALSAS FIDELIDADES, QUE NON AGOCHAN MÁIS QUE MEDO E AUTORITARISMO CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11) LECTURAS: Benaventurados (Nº 119) OFERTORIO: Seguirei os teus pasos (Nº 103) COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61) PARA NON PERDER O PASO “Rexeitáde-los mandados de Deus e agarrádesvos ás tradicións humanas”. Esta sentencia que escoitaremos hoxe no Evanxeo en boca de Xesús quere chamar a nosa atención para que teñamos o corazón aberto a fuxir das falsas fidelidades. Si. Porque moitas veces, para tranquilizar a nosa conciencia, para agochar o noso medo e a nosa inseguridade, aferrámonos á tradición, a esa frase tan socorrida e lapidaria do “sempre se fixo así”. Porén Xesús dinos que temos que ser persoas creativas, tamén no eido da fe, sen deixarnos levar da frivolidade que a converte nun negocio ou nun intercambio comercial. Acollamos, xa que logo, a frescura dunha Palabra que nos invita a camiñar deixando atrás rutinas e cultos baleiros que só escravizan. CO
Para orar e celebrar a fe na nosa terra