Pórtico Na nosa sociedade tecnificada, materialista e autosuficiente, resulta moi difícil falar de actitudes diferentes, de xeitos de vida que vaian contra corrente, que moitas veces entran en conflito. Así, falar de fe, de humildade, de sinxeleza, amor e confianza en Deus, pode parecer estraño nestes tempos. A celebración de hoxe invítanos a descubrir que é nesas actitudes onde está a felicidade e é aí onde Xesús non incide para facer realidade no noso mundo e no noso tempo o Reino que El trouxo. Pidamos con forza como pediron os apóstolos a Xesús: “Auméntanos a fe”. Perdón ¨ Porque moitas veces sentimos medo e vergoña de manifestar que somos crentes. Señor, acrecenta a nosa fe. ¨ Polas moitas veces nas que renunciamos a expresar cos nosos feitos que o seguimento de Xesús guía a nosa vida. Cristo, acrecenta a nosa fe. ¨ Por ter caído na tentación de reducir a vida de fe a simples actos devocionais, desenraizados do que vivimos, pensamos e fa
Para orar e celebrar a fe na nosa terra