Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2015

22 Domingo TO B 2015

--> Nunha sociedade con persoas de mente tan dispersa, que difícil entender cando nos din: Escoita! Descarga o ficheiro --> RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o    ENTRADA: Vinde axiña o    LECTURAS: Escoita ti o    OFERTORIO: Velaquí o    COMUÑÓN: Eu soñei OLLOS ABERTOS Escoitar estase a converter nunha actitude cada vez máis escasa e difícil. Escasa porque atarefados como andamos ao longo do día, sempre dun lado para o outro, pensando no noso e despreocupándonos dos demais, faise moi raro, mesmo complicado, que paremos a prestar atención a alguén que nos di e fala; principalmente se son cuestións referidas ao sentido da vida, á coherencia persoal entre o dicir e facer ou á necesidade de superar o individualismo para comezar a pensar en comunitario, de xeito que os demais, o que entre tod@s podemos facer ou as cousas da casa común, se convertan en esixencias nas que   poidamos estar implicados moit@s. Asemade faise difícil porque se un non está aco

21 domingo TO B 2015

Palabras de vida para un mundo enchoupado de morte, esquecemento, indiferenza e exclusión. Señor, que nunca deixemos de escoitar a vida que traen as túas palabras Descarga o arquivo RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o    ENTRADA: Vinde axiña o    LECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida o    OFERTORIO: Aquí están Señor o    COMUÑÓN: O amor é o meirande OLLOS ABERTOS Dinos o evanxeo de hoxe que o Señor ten palabras de vida, palabras que alentan cando xa todo parece perdido, palabras que nos fan recobrar a fe no ser humano ao sentir a dor e a frustración pola capacidade que temos de facer dano uns aos outros; palabras que nos insisten, unha e outra vez, en que somos dignidade, fin e non medio, capacidade, posibilidade e proxecto sempre realizándose e nunca rematado. Deixemos que estas palabras enchoupen o noso corazón e nos fagan abandonar o noso escepticismo, a nosa mesquindade e a dúbida permanente de que todo dá o mesmo porque nada pode cambiar.

20 Domingo To B 2015

a sabedoría de quen fai da súa vida unha oferta de gratuidade convértese en pedagoxía de acollida e servizo Descarga o ficheiro RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o    ENTRADA: Andarei na presenza do Señor o    LECTURAS: Canta o sol o    OFERTORIO: Benaventurados o    COMUÑÓN: Acharte presente OLLOS ABERTOS A sabedoría e a experiencia da vida sempre van xuntas nos textos da palabra de Deus. Conforman unha unión que pon de manifesto que canto somos capaces de ir aprendendo ao longo da vida vai facendo de nós persoas cheas de experiencia, sentido e perspectiva.Todo o contrario de quen quere as cousas agora e xa, para o momento. E do mesmo xeito que non se pode facer unha comida sen contar con tempo, tampouco se pode pretender saber, coñecer, mesmo impoñer o xeito de ver e entender as cousas, a vida, simplemente por sermos novos, máis estudados ou dominadores das novas tecnoloxías. A sabedoría, a real, a verdadeiramente humana, é outra cousa. Non se estuda, aprénde