“NA VELLEZ NON ME ABANDONES” (IV XORNADA MUNDIAL DAS PERSOAS AVOAS E MAIORES) CANTO GOZOSO ö ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) ö LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15) ö OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 34) ö COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) MIRADA AGRADECIDA Celebramos hoxe en toda a Igrexa a IV Xornada Mundial das Persoas Avoas e Maiores baixo o lema “ Na vellez non me abandones . E facémolo non só como un deber de gratitude e afecto, senón coma unha necesidade para poder construír unha sociedade máis humana e fraterna. Non se trata de celebrar un aniversario unha vez ao ano. Non. Trátase máis ben de traballar para que as persoas maiores se sintan sempre parte importante da nosa comunidade e da nosa historia. Porque unha sociedade que prescinde das persoas maiores é unha sociedade enferma; unha sociedade que invisibiliza ás persoas maiores é unha sociedade enferma; unha sociedade que utiliza ás persoas maiores é unha sociedade enferma; unha sociedade
Para orar e celebrar a fe na nosa terra