Unha tarefa: transmitir a fe co dialecto do amor da casa, do amor da familia CANTO AGRADECIDO ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) LECTURAS: A auga do Señor (Nº 124) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) ESCOITA ACTIVA Coa festa de hoxe, o Bautismo do Señor, pechamos o tempo de Nadal. E facémolo do mellor dos xeitos: lembrando o noso bautismo, que nos incorporou a unha comunidade, a Igrexa, como suxeitos activos e non meros espectadores. Hoxe convídasenos a facer memoria agradecida dos nosos pais, das nosas nais, dos nosos padriños e das nosas madriñas que un día quixeron que nós tamén entrásemos a formar parte do proxecto de amor que Deus manifesta na persoa de Xesús. Comecemos xa que logo a nosa celebración agradecendo e compartindo o comezo dun camiño que hoxe nos reúne comunitariamente para celebrar a fe no día do Señor. CORAZÓN MISERICORDIOSO (Aspersión) Por ter reducido o bautismo a un mero rito social, SEÑOR, QUE A TÚA AUGA NOS REFRESQUE. Por disociar a...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra