Ir al contenido principal

2 Domingo TO A 2026

DO TEMPO DE XOÁN AO TEMPO DE XESÚS 

CANTO GOZOSO

· Entrada.- Con ledicia vamos todos ao altar ( 2)
· Lecturas.- Aquí estou, Señor.
· Ofertorio.- Velaquí, Señor, o viño ( 37)
· Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas ( 50)


ESPERTANDO Á RENOVACIÓN

Paz e ben, para as persoas que hoxe nos xuntamos para compartir, celebrar e sentir no corazón a ledicia dunha fe vivida e celebrada.
Rematado o tempo de Nadal, desenvolvido o tempo de Xoán Bautista, comeza agora o tempo de Xesús. Tempo de testemuño e presenza; tempo de construír e unir; tempo de escoller e deixarse acompañar. Tempo no que o grupo ao que El foi chamando responde si e ponse en camiño.
Coma aqueles homes e mulleres que seguiron as pegadas de Xesús, tamén nós hoxe nos poñemos en camiño para dicirlle si a El coa nosa vida, coas nosas actitudes, coa nosa mirada sempre igualitaria e solidaria.

ABRAMONOS Á MISERICORDIA

  • Porque non sempre somos capaces de dicir si a túa invitación a seguirte. AQUÍ ESTOU, SEÑOR, PARA FACER A TÚA VONTADE.
  • Porque deixamos que a rutina nos vaia apartando de Deus e dos demais. AQUÍ ESTOU, CRISTO, PARA FACER A TÚA VONTADE.
  • Porque imos marcando distancia entre o teu proxecto de igualdade e xustiza e o noso actuar de cada día. AQUÍ ESTOU, SEÑOR, PARA FACER A TÚA VONTADE.

PALABRA REGALADA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 

Díxome o Señor: "Ti e-lo meu servo, Israel, de ti virame a sona".

"Serei glorificado coa presencia do Señor, e o meu Deus será a miña forza".

Pois agora ‑fala o Señor que desde o seo da nai me formou para se-lo seu servo, para facer voltar onda El a Xacob e para que Israel se xunte con El‑:"é moi fácil para ti se-lo meu servo, restablecendo as tribos de Xacob e facendo volta-los protexidos de Israel,

pois convértote en luz das nacións, e sera-la miña salvación ata o confín da terra". Palabra do Señor.

SALMO RESP.   Aquí veño, Señor, face-la túa vontade

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Paulo, chamado a ser apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, así coma o irmán Sóstenes: á Igrexa de Deus que está en Corinto, ós que están santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos cos que en calquera lugar invocan o nome do noso Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso, desexámosvos gracia e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Xesús Cristo. Palabra do Señor. 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Vendo Xoán a Xesús, que viña cara a el, dixo:

‑¡Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo! Este é de quen eu dixen: "Detrás miña vén un home que pasa diante miña, pois existía primeiro ca min". Eu non o coñecía, mais para iso vin eu bautizar con auga: para mostralo a Israel. E Xoán seguiu testemuñando:

‑Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del. Eu non o coñecía, pero o que me mandou bautizar con auga, díxome: "Cando véxa-lo Espírito baixar e pousar sobre un, ese é o que bautiza co Espírito Santo". E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus. Palabra do Señor.

NA ESCOITA DA PALABRA

Entresacando tres frases das lecturas que hoxe vimos de escoitar, podemos dicir que neste domingo comeza o tempo de Xesús, o tempo que nos levará a ir acompañando os seus pasos ao longo dunha vida entregada a poñer –e non é frase feita– á persoa no centro. Non desde as palabras, senón coas actitudes, co xeito de comportarnos, coa nosa maneira de facer as cousas.
Porque a fe non é unha auga que se nos bota pola cabeza cando nos bautizan. A fe é unirse a un proxecto que vai dando sentido á vida; un proxecto que nos leva a ter unha mirada das persoas humanizadora e non inimiga; un actuar que é capaz de ver na persoa que se ten diante a alguén igual a min, inda que teña nacido noutro país e teña unha cor ou unha lingua diferente á miña.
E iso é así porque a proposta de Xesús é unha proposta que necesita ser concretada, verificada desde os feitos que cada día imos realizando. E ese tempo, o tempo que nos viu traer Xesús, inaugurase hoxe cando Xoán Bautista pasa a un segundo plano, para que irrompa Xesús con toda a súa forza para dicirnos: non te enganes, se tes fe non podes discriminar ás persoas por ter nacido noutro sitio, por ter unha cor de pel diferente á túa, por falar distinto a ti, por ter un xeito diverso de sentir e vivir a afectividade, por non ser triunfador/a nun mundo que enaltece ao poderoso e esquece, dándolle as costas a quen non ten, a quen non pode, a quen non sabe. Por iso é tan importante este tempo novo que agora comezamos, o tempo de Xesús.
O tempo de Xesús ábrese para revitalizar o noso corazón, para afastarnos da tentación de facer da fe costume rutineira e chea de ritos, moitas veces máxicos e bastante afastados da vida do que lles pasa ás persoas. Xa nolo dicía o Concilio Vaticano II, e non cansou de repetilo con linguaxes e formas de actuar concretas o papa Francisco: todo o verdadeiramente humano, ten que ocupar oco e eco no corazón e na vida da Igrexa e de quen a compón.
Por iso, acollemos da palabra estas tres frases para que non as esquezamos nunca na vida:
  • “De Ti virame a sona”: No señor está a nosa raíz, non o esquezamos.
  • “Desexámosvos gracia e paz de parte de Deus “: A súa graza é a que nos cambia a maneira de vernos e de ver aos demais: somos feitura de Deus, todas e todos.
  • “Eu vino e dou testemuño“: Porque o sentimos, porque gozamos da súa compaña, porque non queremos poñer distancia entre El e nós, non podemos facer outra cousas máis que dar testemuño coa nosa vida.

COMPARTINDO O QUE NOS UNE

Porque Deus sempre é amor que nos invita e non nos da as costas, rezamos agora dicindo:
GRAZAS, XESÚS, POR INVITARNOS A FACERTE PRESENTE A NA VIDA.

  • Porque nos chamas a ser unha Igrexa con pés no chan, para saber afrontar problemas e dificultades, e corazón aquecido. Oremos. Grazas, Xesús, por invitarnos a facerte presente a na vida.
  • Porque nos urxes a non caer na mediocridade, e a non escapar de afrontar os problemas, os retos e as esperanzas dos homes e mulleres do noso mundo. Oremos. Grazas, Xesús, por invitarnos a facerte presente a na vida.
  • Porque non podemos renunciar a ser hospital de campaña que se achega para curar as feridas das persoas que se senten excluídas, solas, maltratadas e manipuladas. Oremos. Grazas, Xesús, invitarnos a facerte presente a na vida.
Señor, alenta e acompaña esta oración comunitaria que hoxe compartimos desde a alegría dunha fe celebrada. Amén.

AGRADECENDO O DON DA FE

O misterio do Nadal lembra que a esperanza cristiá non se apoia en cálculos humanos, senón na decisión de Deus de facerse carne en Xesús e camiñar coa humanidade. Esta proximidade divina dixo León XIV no Ánxelus, esixe unha fe encarnada, capaz de recoñecer a Deus na vida cotiá e de comprometerse activamente coa dignidade, a xustiza e o coidado de cada persoa.
A esperanza cristiá xorde da proximidade de Deus, que ao facerse humano en Xesús camiña coa historia e a vida concreta das persoas, e maniféstase como unha fe viva que recoñece a Deus no cotián e tradúcese en compromiso real coa dignidade, a xustiza e o coidado do próximo. Unha mensaxe clara e esixente que lembra que o Nadal non é só unha celebración do pasado, senón unha chamada permanente a vivir unha fe encarnada, próxima e comprometida coa vida concreta dos homes e mulleres de hoxe. (León XIV)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...