Remol. Pentecostes.2023 XUNT@S ANUNCIAMOS O QUE VIVIMOS CANTOS Entrada.- Pedras vivas Lecturas.- Manda o teu Espírito (126 ) Ofertorio.- Recibe Señor ( 31 ) Comuñón.- Quédate, Señor, connosco ( 63 ) ESCOITA ACTIVA Hoxe é Pentecostes, o remate do tempo de Pascua; o comezo do tempo da Igrexa. Esa Igrexa santa e pecadora; esa Igrexa que por veces ten prestado máis atención á súa imaxe que a servir ás persoas, pero tamén esa Igrexa que ao longo de dous mil anos, entre luces e sombras, ten sido faro de acollida, servizo, solidariedade e loita pola paz. Cando a Igrexa se deixou levar pola ansia de poder e polo afianzamento como institución, foise afastando do Evanxeo, para converterse en foco de poder e dominio. Porén, cando ten mirado ao Evanxeo, á persoa de Xesús, ao testemuño de homes e mulleres que foron capaces de dar a vida por defender aos máis débiles, mostrouse como relampo de presenza do Espírito Santo e continuadora da misión que Xesús lle encomendou a aquelas persoa
Para orar e celebrar a fe na nosa terra