Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2024

30 Domingo TO B 2024 - DOMUND

  Xornada do DOMUND 2024   IDE E CONVIDADE A TOD@S AO BANQUETE Cantos             Entrada.- Camiñando pola vida (  )             Lecturas.- Eu sei de quen me fiei ( )             Ofertorio.- Grazas, Señor, graciñas ( 50)             Comuñón.- Ide e pregoada. ( 55) Ollos abertos e oídos atentos              Celebramos neste domingo a Xornada Mundial das Misións, o día do DOMUND, como adoitamos dicir habitualmente. Unha xornada na que como Igrexa queremos mostrar a universalidade da fe e o compromiso coa misión encomendada por Xesús aos apóstolos, e a todas e todos cantos fomos vindo despois, “  ide e anunciade ”. Desde este ide e anunciade hoxe reunímonos para compartir, celebrar e agradecer a fe no Deus de Xesús que nos alenta coa forza do Espírito e nos invita a facer da nosa vida misión compartida e anuncio de esperanza. Porque, todas e todos nós recibimos a invitación de ser misioneiros e misioneiras co noso quefacer e o noso testemuñar que Xesús é guieiro de humanización e fraterni

28 domingo TO B 2024

Na sabedoría do compartir está a fraternidade solidaria Cantos          Entrada.- Con ledicia vimos ( 3)          Lecturas.- Escoita ao Señor  (15 )          Ofertorio.- Velaqui, Señor, o viño ( 37)          Comuñón.- Ti es camiño e verdade ( 57)   Ollos abertos e oídos atentos          Paz e ben para todas e todos vós. Volve ser domingo, e o altar convértese en mesa de reunión compartida do pan e da palabra. Pan e palabra que nos alentan e alimentan para que o noso camiñar non se deixe levar do desánimo nin do desacougo. Deus chámanos hoxe a facer desta mesa compartida encontro fraterno de solidariedade e acollida; como non podía ser doutro xeito, porque el dásenos en totalidade sempre xenerosa.          Dispoñamos logo o noso corazón para , poñendo o mellor de cada unha e cada un de nós, converter este encontro comunitario no que o pan se fai presenza de Xesús e a palabra alento de esperanza, nunha experiencia  comunitaria de fraternidade vivida e celebrada.   Misericordi

27 domingo TO B 2024

CAMIÑANDO NA COMPLEMENTARIEDADE: CREOUNOS HOME E MULLER CANTO GOZOSO ö   ENTRADA: Con ledicia vimos (Nº 3) ö   LECTURAS: Benaventurados (Nº 119) ö   OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) ö   COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63)   PARA NON PERDER O PASO           Neste noso mundo tan susceptible a sentirse ferido cando alguén manifesta unha posición ou unha toma de postura distinta ao socialmente correcto; nun mundo moi dado a censurar e silenciar a quen renega de facer os que fan todos, sen permitir pensamento, ou postura ante as diferentes e diversas situacións, non acaba de entenderse que home e muller son iguais en dignidade e capacidade, á vez que tamén son merecedores, ámbolos dous, do mesmo respecto.  A isto tamén debemos engadir que son/somos diferentes pero complementarios; que uns e outras aportamos á vez ao enriquecemento mutuo; que nesta complementariedade sentímonos chamados e chamadas e crecer, madurar e a aportar mutuamente, para que as nosas relacións sexan cada vez mái