Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

1 advento 2023

Advento tempo de miradas con corazón Sinal de Advento .-  Como nos anteriores anos, tamén neste propoñemos un sinal para todo o tempo de Advento. Colocamos diante do altar un taboleiro no que poñemos un corazón feito en cartolina no medio, e que iremos rodeando ao longo das semanas de Advento co nome da cada unha das actitudes que se invitan a traballar e interiorizar ao longo deste tempo litúrxico. Nesta primeira semana é a misericordia. No espazo superior do taboleiro colocamos un debuxo que conteña a seguinte lenda: “Advento, miradas con corazón”. Cada domingo iremos axuntando o nome dunha nova actitude. Cantos Entrada.- Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Amóstrame, Señor ( 20 ) Ofertorio.- Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.- Xesús chamado amigo ( 89 ) Abrindo o corazón Comezamos un novo tempo litúrxico, o ADVENTO. Un tempo para revisar e converternos; un tempo para esperanzarnos e ilusionarnos; un tempo para prepararnos e facer do corazón, tantas veces insensibl

Cristo Rei 2023

Traballemos para saciar canta fame e sede de xustiza descubramos no noso mundo Cantos          Entrada.-  Que ledos hoxe estamos  (5 ) Lecturas.-  O Señor é o meu pastor: nada me falta  ( 27 ) Ofertorio.-   Recibe Señor  ( 31 ) Comuñón.-  Ide e pregoade  ( 55) Mirada agradecida Paz e ben. Cincuenta e dúas semanas despois, volvemos celebrar a festa de Cristo Rei do Universo; e con ela o final do ano litúrxico. Cincuenta e dúas semanas nas que fomos reuníndonos ao redor da mesa do altar para celebrar e compartir; para agradecer e pedir; para rezar persoal e comunitariamente. Un tempo no que fomos celebrando que algunhas persoas se foron incorporando á comunidade, a outros despedímolo tamén comunitariamente; moitas veces temos sentido a alegría da festa parroquial, e canto nos temos alegrado na primeira eucaristía de nenos e nenas das nosas parroquias! E en todos e cada un de todos estes momentos sabendo que non estabamos sos, porque sentimos a acollida da comunidade e a forza da presen

33 domingo TO 2023

Coidar a facenda encomendada Cantos Entrada.- Que ledicia miña (4)  Lecturas.- Benaventurados (119) Ofertorio.- Ti e-lo pan do ceo (54) Comuñón.- No colo da miña nai (49)  Mirada de  acollida           De talentos vai o Evanxeo de hoxe; os talentos que Deus nos outorga a cada unha e cada un de nós para que os poñamos e render. O Evanxeo como boa noticia é sempre invitación a superar a pasividade para non deixarnos  levar da preguiza nin da rutina. Esforzarnos, non ter medo a comezar as veces que faga falta, de non deixarnos levar do desalento, de  facer da nosa vida de fe rutina ou desacougo, é tarefa na que nós imos concretando que os noso talentos están a render.        A celebración de hoxe é logo un bo momento para poñer o mellor de cada unha e cada un de nós para que, acollendo todo canto temos recibido como don, o convertamos en experiencia verdadeiramente comunitaria e celebrativa, de xeito que os nosos corazóns aquezan en esperanza e participación.   Corazón de misericordia ·