Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2024

26 domingo TO B 2024

“ DEUS CAMIÑA CO SEU POBO ” (CX XORNADA DAS PERSOAS MIGRANTES E REFUXIADAS) CANTO GOZOSO · ENTRADA: Eu soñei (Nº 58) · LECTURAS: Como che cantarei (Nº 28) · OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) · COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) OLLOS ABERTOS Baixo o lema “Deus camiña co seu pobo”, celebramos hoxe en toda a Igrexa a Xornada Mundial das Persoas Migrantes e Refuxiadas. A deste ano é a xornada 110, polo que ten un longo percorrido, indicativo de que as persoas migrantes e refuxiadas e migrantes están sempre presentes no sentir e nas accións da Igrexa. No medio dun mundo ferido de morte pola violencia, o egoísmo, a indiferenza e a insolidariedade; feridas que levan a tantas persoas a fuxir do seu país na busca dun futuro mellor e máis digno, hoxe fáisenos un convite claro: as persoas cristiás estamos urxidas a promover, acoller, protexer e integrar ás persoas migrantes e refuxiadas. Todo un reto; pero tamén todo un sinal de identidade, porqu

24 domingo TO B 2024

  OBRAS SON AMORES E NON BOAS RAZÓNS!!!!! CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: Douvos un mandato novo (Nº 18)  OFERTORIO: O Señor é o meu pastor (Nº 27) COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) OLLOS ABERTOS Santiago na carta que imos proclamar hoxe e Xesús no evanxeo convídannos a poñer os ollos no importante, no fundamental da nosa fe. Si, porque unha fe que non se traduza en obras; unha fe que non se exprese a través da linguaxe do coidado e da acollida; unha fe que non se viva desde a defensa da dignidade da persoa; unha fe que non sexa liberadora.... non é fe, senón intolerancia e dogmatismo. Porque Deus non cansa de dicirnos que nin o medo nin o poder, tampouco a desconfianza e a dependencia caben nunha fe madura. Se El nos creou persoas libres e iguais en dignidade, non podemos deixarnos levar nin do costume nin da inercia á hora de vivir a nosa fe. Hoxe Xesús no Evanxeo fainos unha pregunta clara e concisa: como a miña fe me fai mellor persoa alí onde estou: famil

23 domingo TO B 2024

  DIGNIDADE INFINITA COMPARTIDA; SEN DISTINGOS NIN PATERNALISMOS INTERESADOS   Canto gozoso   ö   ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) ö   LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15) ö   OFERTORIO: Démonos todos a man (Nº 48) ö   COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   Mirada agradecida Escoitaremos hoxe nos textos da lecturas que imos proclamar que Deus, ao contrario de nós, non fai distíngos de persoas. A súa é unha proposta única é plural. Si, única porque para El todas e todos somos iguais e nada nos diferenza no que nos constitúe, porque somos dignidade que nos iguala e nos esixe o mesmo respecto e a mesma acollida para unhas e outras persoas; pero tamén plural porque esta dignidade non nos fai uniformes ao modo de como se comporta un robot. Non, para Deus a riqueza do noso ser persoas está na pluralidade que enriquece e respecta que cada unha e cada un de nós teñamos miradas da vida diferentes, xeitos de pensar distintos ou cores de pel e falas diferentes. Se