Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2021

18 Domingo TO B 2021

E o pan fíxose alimento de dignidade e liberdade! CANTO GOZOSO ENTRADA: Pedras vivas LECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade  OFERTORIO: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) COMUÑÓN: Ti é-lo pan do ceo (Nº 54) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN Na calor destes días comezamos o mes de agosto, mes de reencontros e sorrisos. Para unhas persoas é tempo de volver ás parroquias de orixe, de comezar as vacacións, de non estar suxeitas a horarios fixos e ríxidos; é tamén tempo de paseos tranquilos que invitan a reflexións e á contemplación da grandeza da Casa Común que compartimos e debemos coidar. Porén, para outras persoas agosto é mes de traballo, de moitas horas de estar ao pé do canón para atender, servir, moitas veces aguantar, a quen está a gozar do seu tempo de lecer. Mais para todos e todas é tempo para seguir compartindo a fe no Deus no que nos recoñecemos como imaxe súa, e que nos volve invitar a facer do encontro comunitario do domingo experiencia de compartir no pan a vida desde

Santiago Apóstolo 2021

  No camiño sinodal da fe vivida na fala dunha terra compartida CANTOS Entrada.-  Sementar, sementarei Lecturas.- Xurdirá (Nº 128) Ofertorio .-  Na nosa terra ( 36) Comuñón. Gracias, Señor, graciñas (Nº 50)  MIRADA DE ESPERANZA Comezamos cantando a sementeira. Porque a sementar invítanos o evanxeo; a sementar ao estilo de Xesús: desde as raíces, na fala da xente, en comuñón coa Casa común que compartimos crentes e non crentes.  Neste día de Santiago, Apóstolo do camiño, e na festa de Galicia que nos lembra que non somos seres anónimos, que temos identidade. Unha identidade compartida e celebrada, desde a que se nos invita, como aos Zebedeos, a non ter medo de beber do cáliz da fe compartida por facer un mundo mellor, unha parroquia máis solidaria e unha familia na que a fraternidade se viva como comuñón de pluralidades. Gocemos entón da celebración de hoxe agradecendo a Deus poder celebrar e compartir o agasallo da fe na terra que nos da identidade e historia. CORAZÓN DE MISE

16 Domingo TO B 2021

  16º Domingo  Tempo Ordinario APACENTAR, NON ESCORRENTAR. UN RETO DA IGREXA HOXE CANTOS Entrada.-  Con ledicia vamos todos ao altar ( 2) Lecturas.- O Señor é o meu Pastor ( 27 ) Ofertorio .-  Velaquí, Señor, o viño ( 37 ) Comuñón.- Acharte presente na vida (51  ) MIRADA DE ESPERANZA De pastores e pastoreo fálannos hoxe as lecturas. Unha imaxe que comprendemos perfectamente porque non é allea a nosa realidade. Tampouco o era á do mundo no que se desenvolve a historia que nos vai narrando a Biblia. A partires desta imaxe podemos ir descubrindo que o labor do pastor ha ser sempre de servizo, presenza, acompañamento, capacidade de escoita, vivir entre, preocuparse con... moi lonxe do que teña que ver con funcionariado de xornada preestablecida, cartos, ritualismo litúrxico ou impertérrita distancia por crerse/nos por riba dos demais. Os pastores, se quere/queremos ser dos do proxecto de Xesús, estan/mos chamados a humanizar humanizándonos, sen distancias, falsas aparencias ou busc

15 Domingo To B 2021

  DOMINGO XV DO T.O. Canto gozoso ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (nº 11) LECTURAS: Non vou so (Nº 60)  OFERTORIO: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) Ollos abertos A miúdo laiámonos da perda de poder da Igrexa na sociedade e mesmo nas nosas comunidades: somos poucas persoas, somos maiores...Contra esa tentación de ancorarnos na nostalxia de que calquera tempo pasado foi mellor, advírtenos hoxe Xesús. Non é malo perder o poder, a seguridade e o prestixio social que tivemos cando a Igrexa o dominaba todo. Pode ser un factor positivo se nos conduce a unha vida máis fiel a Xesús. O poder non transforma os corazóns; a seguridade do benestar afástanos das persoas pobres; o prestixio énchenos de nós mesmos. Xesús, pola contra, imaxina ás persoas seguidoras súas doutro xeito: liberadas de ataduras, identificadas cos últimos, coa confianza posta totalmente en Deus, curando a quen sofre, buscando para todas as persoas a paz. Só así seremos quen de introducir