Pola vida que regalan os teus dedos... Grazas. Señor PÓRTICO Hoxe xuntámonos para lembrar. Para lembrar a aquelas persoas, familiares e amigas, que nos deixaron. Algunhas delas pode que recentemente, e aínda as levamos moi preto do noso corazón, cheos de dor e de tristura. Outras quizais non tan recentemente, pero seguímolas tendo presentes, porque dun xeito ou doutro, marcaron a nosa vida. Hoxe é un día para lembralas a todas. Porque sempre que morre alguén que coñecemos, alguén con quen compartimos algo, é coma se morrese unha parte de nós mesmos. Porque non vivimos solos, non somos un mundo illado, senón que a nosa vida está chea doutras vidas, está formada por todo o que nos deron @s outr@s, por todo o que compartimos, polas ledicias e tristuras que vivimos xunt@s. Por iso vainos ben aquí hoxe que lembremos aos nosos defuntos: aos que temos preto, aos que forman parte da historia da nosa vida, e tamén aos que non coñecemos e aos que ninguén recorda. Con este espírito, comezamos
Para orar e celebrar a fe na nosa terra