Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2008

2008 Inmaculada

O Deus dos pequen@s e dos humildes alégrase na dignidade de María, e con ela na de tódalas mulleres PÓRTICO Moitas veces temos escoitado que a Igrexa, case sempre entendida coma o Papa, os bispos e os curas, acepta, ou mesmo xustifica,a violencia e o maltrato ás mulleres, ou polo menos, dise, non ten falado coa mesma forza del como o fai doutras cuestións, en principio menos importantes. Porén, Xesús sempre, no seu dicir e no seu facer, proclama a igualdade de homes e mulleres, non coma unha cuestión de ideoloxía de xénero, senón como posuidores da mesma dignidade concedida por Deus. Nós, os que hoxe somos os seus discípulos e seguidores, somos urxidos a seguir o camiño aberto por El; é dicir, a nós nos compete converternos en construtores de igualdade e respecto da vida, de toda vida, pero especialmente daquelas que se ven ameazadas pola violencia e a coacción do que ten máis forza ou poder. Que a celebración de hoxe, na que queremos honrar a María, muller e cristiá, nos dea azo

2008 2 Advento

TANTO VALEMOS PARA UN ROTO COMA PARA UN DESCOSIDO: FÁLTANOS CONVICIÓN SIGNO DO ADVENTO: Para a xente que escolleu esta opción, continuamos construíndo o trevo da esperanza. Colocamos a segunda folla. A actitude que destacamos nesta segunda semana é ANUNCIAR. PÓRTICO Quizais un dos defectos máis graves e xeneralizados de vivir nunha sociedade coma a nosa sexa a frivolidade, a lixeireza no plantexamento dos problemas máis serios da vida, a superficialidade que o invade todo. Porque as persoas satisfeitas non desexan nada nova, non queren mudar o mundo, non se rebelan contra as inxustizas, os sufrimentos e o absurdo da sociedade. Este mundo é para elas o ceo que queren manter a toda costa, e poden permitirse o luxo de non esperar nada mellor. Porén, O Señor chámanos neste tempo de Advento a vivir vixiantes e a discernir, espertando de tanta frivolidade e asumindo a vida dun xeito máis responsable. Que a celebración que agora comezamos nos axude a sermos a voz de Deus que clama no deserto

1 Advento 2008

RISCA AS NUBES DO NOSO CORAZÓN E ENCHÓUPANOS CO TEU AMOR SIGNO DO ADVENTO (A ELIXIR) 1.- O trevo da esperanza: recortamos as catro follas dun trevo en cartolina. Colocamos un taboleiro diante do altar. Cada domingo poñeremos en cada folla unha actitude que destacamos durante esa semana e colocarémola no taboleiro. O derradeiro domingo quedará completado o noso trevo de catro follas do Advento. Esta primeira semana a actitude que destacaremos é AGARDAR. 2.- O leccionario aberto, nun lugar ben visible do templo, no Evanxeo do día. PÓRTICO O Advento é tempo de conxugar, de conxugar os verbos que van expresando o movemento ao que se nos invita no noso ir abríndonos camiño cara á acollida do Deus que nace. Así: agardar, converterse, velar, orar, confiar, esperanzar serán o verbos que nos vaian invitando a preparar corazón e cabeza para acoller a Aquel que chega. Que tamén nós, que hoxe nos xuntamos para comezar este tempo de renovación e preparación interior, saibamos camiñar cos brazos abe

Cristo Rei 2008

NON PODEMOS SER NEUTRAIS NUNHA SOCIEDADE DE DESIGUAIS PÓRTICO N unha sociedade plural coma a nosa e diante dun clima social indiferente ao relixioso, moitos cristiáns terminan vivindo a súa fe cun certo complexo de inferioridade. Séntense crentes, pero non se atreven a confesalo diante dos demais, nin no seu ámbito profesional, nin nos círculos sociais que se moven. Porén, nun tempo no que tanto escoitamos falar de autenticidade, sería un contrasentido que os crentes ocultasemos as convicións que poñen sal, luz e esperanza na nosa vida. A nosa sociedade precisa mensaxeir@s do Reino que saiban proclamar cos beizos e co corazón que paga a pena contar con Deus e seguir o Evanxeo de Xesús. É este o sentido da festa que hoxe celebramos e coa que pechamos o ano litúrxico: somos cidadáns do mundo, cun compromiso fondo por impedir que a dignidade humana sexa pisoteada. Que a celebración que agora comezamos nos axude a descubrir que a neutralidade nunca pode converterse no noso sinal de ide

Domingo 33

Ao final da vida, preguntaranme qué fixen. Eu abrirei as miñas mans baleiras e o meu corazón cheo de nomes (P. Casaldáliga) NON A UN CRISTIANISMO EN CONSERVA PÓRTICO Na era dos conservantes e colorantes, cada vez resulta máis difícil atopar unha cociña natural, coma a que se facía antes, a lume lento sobre a lareira e sen ningún tipo de engadido artificial. Isto vén a conto porque demasiadas veces a nosa fe tamén está en conserva, enlatada, encorsetada en compartimentos estanco que abrimos para vodas, bauticeiros, festas do patrón… e que logo volvemos pechar sen ter máis valor nin máis credibilidade na nosa vida cotiá. Porén, a Palabra que hoxe proclamaremos faranos caer na conta de que tod@s vimos ao mundo coa herdanza de Deus nas nosas mans. Ninguén carece de valores nin de oportunidades. Tod@s temos uns talentos, unha tarefa, unha misión, uns medios…. que non debemos conservar, senón poñer a render. É o tempo de negociar, de producir. Hoxe, no día da Igrexa diocesana, esta

Domingo 32

DIANTE DO PENSAMENTO DÉBIL E EFÉMERO, CONSTRUAMOS NA ESPERANZA E CONFIEMOS UNS NOS OUTROS PÓRTICO As persoas non podemos vivir sen esperar en algo ou en alguén. De algún xeito, sempre andamos a buscar felicidade, seguridade, satisfacción.. unha luz que aínda non posuímos. E estas esperanzas que marcan a nosa vida diaria poden ser moi distintas e variadas; pero o certo é que cando reducimos o abrente da nosa vida e limitámonos a vivir de “pequenas esperas”, empobrecémonos e as nosas lámpadas van esmorecendo. Chega un día no que as esperanzas se desgastan, o optimismo esgótase e a vida empeza a escurecer. A parábola de Xesús que hoxe proclamaremos, sobre as mozas ás que se lles gasta o aceite das súas lámpadas mentres agardan ao noivo, lémbranos que ser cristián é saber agardar en Deus, esperar nel por riba das dificultades e das adversidades. Que a celebración que agora comezamos nos axude a abrirnos á realidade do Deus de Xesús, un Deus alegre que prepara un banquete de vodas para