DÍA DE ANINOVO BENDICIÓN AO COMEZO ¨ Que Deus nos bendiga todos os días do ano ¨ Que Deus nos sorría todos os días do ano ¨ Que Deus se fixe en nós todos os días do ano ¨ Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano PÓRTICO Hoxe, que comezamos un novo ano, a Igrexa celebra o corenta aniversario da Xornada Mundial da Paz. No medio dunha humanidade envolta en tantas guerras e conflitos, a Igrexa, nós, queremos comezar o aninovo volvendo os nosos ollos cara ó neniño que vén de nacer e que nos trae a paz verdadeira. E elevamos cara ese Deus Neno unha oración pola paz; non para informarlle da falla de paz, senón para que toque os nosos corazóns e nos axude a botar fora deles os obstáculos que lle poñemos á xustiza e á paz; porque co corazón cheo de xenreira, de condena, de intolerancia ou dogmatismo nunca poderemos aportar paz á convivencia entre as persoas. Que na celebración que agora comezamos sexamos capaces de descubrir ao Señor da paz que n
Para orar e celebrar a fe na nosa terra