Ir al contenido principal

Nadal 2007

Nadal 2007

(campaña de Cáritas)

PÓRTICO

Nadal é nacemento: Aleluia. Nadal é o nacemento dun neno: Aleluia, Aleluia. Nadal é o nacemento do neno-Deus: Aleluia, Aleluia, Aleluia.

Cúmprense as promesas, realízanse os soños e esperanzas. O mundo estaba enfermo, moi enfermo. Só Deus podía salvalo.

O mundo segue enfermo. Necesitamos seguir celebrando o Nadal.

Pobres, enferm@s,nen@, marxinad@s... Alegrádevos, porque para vós especialmente vén Deus. Quere ser un dos nosos; atrévese a compartir o sufrimento das persoas, quere contaxiar a súa felicidade e a súadivindade.

Que a celebración que agora comezamos nos axude a descubrir a Deus feito neno, que se achega para traernos a luz, a felicidade, a vida.

ACTO PENITENCIAL

· En Nadal apareceu a bondade de Deus; pero nós non somos boas persoas; SEÑOR, ABRE O NOSO CORAZÓN.

· En Nadal Deus veu co corazón e coas mans cheas de paz, pero nos non somos pacíficos nin pacificadores; CRISTO, ABRE O NOSO CORAZÓN.

· En Nadal manifestóusenos o infinito amor de Deus; pero nós non nos amamos nin somos testemuñas do teu amor, SEÑOR, ABRE O NOSO CORAZÓN.

REMUÍÑO

AS FERIDAS DO DESAMOR

  • A humanidade pacede moitas enfermidades; pero a máis grave, sen dúbida, é o desamor. Se houbese máis amor na nosa sociedade, o Nadal sería unha festa interminable: desaparecerían as marxinacións e os esquecementos, non habería nais que morresen ao dar vida, nin habería nenos famentos nin epidemias insuperables, nin enfermidades incurables. As inxustizas crueis, as guerras asasinas, as escravitudes torturantes serían cousas horribles do pasado.

O Fillo de Deus que nace hoxe vén cargado coa medicina do amor El quedou connosco para ensinarnos a amar; e nós estamos chamados a levar esa medicina a tantos irmáns que sofren as secuelas do odio, da inxustiza, da indiferenza; pois o silencio e a insensibilidade son tan dañinos e crueis coma a violencia e o terror.

A FERIDA: A FALLA DE VIDA

  • A vida, froito do amor, é don de Deus, o primeiro e fundamental. A vida é graza, oportunidade, relación, comuñón, sementeira, colleita,esforzo, conquista… Nunca debería ser unha carga, senón gratificación e creatividade.
Pero por desgraza, para unha inmensa maioría de homes e mulleres, a vida non ten nada de gratificante, senón que é sinónimo de anguria e preocupación. Nacen con dor, viven con dificultade, traballan con frustración, padecen enfermidades, morren con facilidade.

Xesús veu sementar vida onde había morte; achegábase aos enfermos para curalos e para transformar os seus sufrimentos en sacramentos. Xesús, neno divino, queda connosco para curar as nosas enfermidades, as nosas cegueiras, as nosas inxustizas, os nosos egoísmos… E quere que nós sexamos ministr@s da súa saúde, para que a ninguén lle falte a medicina da súa presenza, acabada de nacer e resucitada.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Oremos a Xesús, que veu salvarnos e digámoslle xunt@s:

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR

Para que a túa luz alumee as tebras do mundo, OREMOS.

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR

Para que os responsables dos pobos traballen pola dignidade e os dereitos de todas as persoas, OREMOS.

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR

Para que a túa Igrexa sexa verdadeiramente profética e samaritana, OREMOS.

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR

Para que os enfermos, os anciáns, os que están sos e deprimidos, os pobres e excluídos do mundo, reciban a boa nova de salvación, OREMOS.

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR

Para que abunden organizacións e voluntarios que se comprometan na asistencia de enfermos e na promoción dos marxinados, OREMOS.

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR

Para que todos os que celebramos o Nadal o vivamos como compromiso de amor, OREMOS.

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR

Ven Señor Xesús. Envólvenos na túa tenrura e fainos testemuñas da túa salvación. PXNS. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

(Facemos fotocopias para darllas á xente e rezamos xuntos)

Ante un mundo materialista, no que os cartos contan máis que as persoas;

queremos construír unha comunidade de persoas que tratan de coñecerse, de unirse máis, de axudarse e compartir desinteresadamente, na que non haxa discriminacións, superiores e inferiores, senón irmáns e irmás.

Ante un mundo sen interese polos problemas dos demais, que se desentende dos vellos, aparcar aos enfermos e rexeita aos inmigrantes;

queremos construír unha comunidade na que a túa Palabra ocupe un lugar preferente, sexa máis escoitada e vivida e non estea afastada, senón que salgue os quefaceres de cada día.

Ante un mundo no que as persoas son obxectos de produción e consumo e actúan coma se os outros non existisen;

queremos construír unha comunidade cada vez máis misioneira, coa ilusión e a ledicia de comunicar a fe que recibimos.

Ante un mundo de xente desalentada e resentida, que non lle atopa sentido á vida,

queremos construír unha comunidade con máis canto, e que contaxie a ledicia da reconciliación de Cristo Resucitado.

Ante un mundo que esnaquiza a creación e non pensa máis alá do presente,

queremos construír unha comunidade que cre na vida, na paz e na fraternidade da humanidade, sempre en camiño cara á casa do Pai.

CANTOS

Panxoliñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...