Ir al contenido principal

3º Advento 2007 Preparemos Camiños

TEMPO DE ADVENTO: UN NOVO AGASALLO DE DEUS PARA DERROTAR O PESIMISMO E FACER XERMOLAR A ESPERANZA

SIGNO: Ofrecemos o terceiro cacto

TIREMOS MUROS, ABRAMOS PONTES: PREPAREMOS CAMIÑOS

PÓRTICO

Son moitos os desertos desde os que imos crecendo na sociedade actual. Parece que o temos todo, que estam@s che@s, que non nos falta nada… e paradoxalmente nunca estivemos tan orf@s, tan baleir@s, tan falt@s de vivencia interior. É verdade: temos bens materiais, comodidades, e mesmo luxos e cousas innecesarias; pero imos descubrindo que con iso non nos chega, que nos falta algo que encha de sentido e de razón a nosa vida.

Por iso precisamos máis que nunca precursores, profetas, pioneir@s que abran novos camiños, que preñen a sociedade de esperanza, que leven a ledicia de sabérmonos querid@s e salvad@s por Deus a un mundo falto de motivacións e de boas novas.

Que a celebración deste terceiro domingo do Advento nos axude a camiñar xunt@s, ilusionad@s e ilusionando aos que camiñan con nós.

O PERDÓN

Polas veces nas que o noso pesimismo, o “sempre se fixo así”, o “isto non vai mudar nunca”… impiden que descubramos que o presente tamén é tempo de salvación, SEÑOR, CONVÉRTENOS A TI.

Porque nos falta paciencia para escoitar aos demais, e nos sobra afán de protagonismo, CRISTO, CONVÉRTENOS A TI.

Porque transmitimos aos demais tristura e mediocridade e non somos capaces de ilusionar coa nosa vida, SEÑOR, CONVÉRTENOS A TI.

REMUÍÑO

A Igrexa, o mundo, camiñamos cara un futuro. Ás veces no noso camiño vémonos atacad@s polo mal, o erro, a inxustiza… e diante destas cousas negativas moitas veces temos a tentación de pecharnos, de radicalizar a nosa postura, de non abrirnos ao diálogo, laiándonos de tempos pasados e condenando o presente á desesperación, a ser un tempo de salvación. Pero se non somos capaces de romper o círculo da desesperanza e do desánimo, será moi difícil que entendamos o que nos di Santiago na súa carta sobre aprender a camiñar disfrutando das persoas que temos ao noso redor, da natureza que vai pedindo de nós respecto e compromiso, da creatividade e traballo de tantas persoas para que a humanización das nosas vidas sexa posible; nunha palabra, da sociedade que entre tod@s imos construíndo, pois se nos somos capaces de ver aí a presenza de Deus, como podermos entender que El ven, camiña e acompaña o noso quefacer?. Claro que isto supón que deixemos, dunha vez por todas, de queixarnos dos demais e comecemos a tomar en serio o que dicimos ao chamarlle irmáns a cantos con nós comparten a mesma dignidade. Unha dignidade que Deus puxo no corazón da tod@s. Se El non é excluínte, por que nós si?.

A humanidade de hoxe espera o cambio e pregúntase polas persoas que o fan posible. Estamos fart@s de profetas de calamidades, de escoitar receitas, de discursos sen contido, de boas intencións que quedan só en proxectos. Nembargantes, faltan profetas auténticos, xente que comprometa a súa vida a prol d@s máis febles e d@s que non teñen voz cun compromiso auténtico que faga xermolar unha sociedade nova na que:

Se valore a persoa por riba de todo

A persoa non sexa amansada, embotada, explotada, marxinada

A amizade, a solidariedade e a xustiza sexan algo máis que palabras

O progreso non sexa un deus cruel e inhumano

A natureza non sexa violada nin destruída

A palabra prevaleza sobre as armas

Se ofrezan razóns válidas para vivir

O ser e o sentir, a verdade e o amor sexan valores básicos

Esta é a nosa tarefa, porque nós, profetas e continuadores do Mesías estamos chamad@s a dar unha resposta esperanzada. Diremos: non vos escandalicedes do mal, da tolería consumista, do sufrimento inxusto, da debilidade, dos erros… porque…. mirade: xa se poden ver sinais de renovación, xa se poden escoitar anuncios da chegada do Reino: @s cox@s andan, @s ceg@s ven e @s xord@s oen.

Esta é a boa nova que Deus nos anunciou e que nós non podemos renunciar nin a vivir nin a anunciar.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Porque nos invitas a preparar o camiño para acollerte, non cansaremos de dicirche sempre e con convicción:

VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO. QUE NA TERRA HAI BOA FALLA DE QUE MUDEN MOITAS COUSAS E MELLOREN (bis)

Pola Igrexa, para que entre tod@s transmitamos unha mensaxe liberadora, esperanzada e alegre, que faga posible as palabras de Isaías, OREMOS.

VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO (bis)

Para que nas nosas parroquias non nos quedemos con unha fe de facer o belén ao a árbore, senón que eses signos sexan verdadeiramente expresión de que estamos dispostos a preparar o camiño que fai que deixemos atrás comentarios contra de veciños, burlas aos que son máis calados, abandono dos que están solos e necesitan da nosa visita e da nosa palabra. Oremos.

VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO (bis)

Por nós, para que a invitación a preparar o camiño sexa compromiso persoal de cambio e esperanza. Oremos.

VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO. QUE NA TERRA HAI BOA FALLA DE QUE MUDEN MOITAS COUSAS E MELLOREN (bis)

Grazas, Señor, por facernos caer na conta que solo preparándonos poderemos vivir con sentido cristián o momento da túa chegada. P.X.N.S. Amén.

REFLEXIÓN

El garda por sempre a súa fidelidade:

faille xustiza ós oprimidos

e dálle pan ós famentos.

O Señor libra os cativos,

o Señor abre os ollos dos cegos,

o Señor endereita os dobrados,

o Señor ama os xustos.

O Señor protexe os forasteiros.

Sostén os orfos e as viúvas,

extravía os camiños dos malvados.

Reine o Señor por sempre,

o teu Deus, Sión, polas xeracións.

CANTOS

ENTRADA: VOLVE, SEÑOR/VEN AXIÑA VISITARNOS

LECTURAS: CONTADE AS MARABILLAS

OFERTORIO: XURDIRÁ

COMUÑÓN: XESÚS CHAMADO AMIGO

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...