Ir al contenido principal

ACHÉGASE A SALVACIÓN, ACOLLÁMOLA

TEMPO DE ADVENTO: UN NOVO AGASALLO DE DEUS PARA DERROTAR O PESIMISMO E FACER XERMOLAR A ESPERANZA

SIGNO: Ofrecemos o cuarto e derradeiro cacto

PORQUE DEUS SEMPRE CUMPRE O QUE PROMETE….

ACHÉGASE A SALVACIÓN, ACOLLÁMOLA

PÓRTICO

Estamos xa na última semana do Advento. Unha semana que require de nos un esforzo por non caer en dúas tentacións. A primeira, de deixarnos levar… total é a ultima! . A outra, vivir xa o Nadal antes de tempo, pois os comercios, as calles e todo, nos invita a facelo así.

Que esta celebración sexa un encontro festivo da comunidade, que percorre unida esta última semana, descubrindo a Deus presente e cercano, camiñando con ela.

O PERDÓN

· Polas escravitudes que nos imos creando e que impiden que nos sintamos verdadeiramente libres , SEÑOR, CONVÉRTENOS A TI.

· Porque seguimos pedindo grandes sinais, pechando os ollos diante de tantas e tantas manifestacións da salvación de Deus presentes no noso mundo, CRISTO, CONVÉRTENOS A TI.

· Polas nosas maneiras de tratar aos que están máis preto de nós, que moitas veces poñen de manifesto a nosa pouca sensibilidade para o que eles pensan ou fan. SEÑOR, CONVÉRTENOS A TI.

REMUÍÑO

Ao longo da historia da salvación atopamos a un Deus que vai ofrecendo a mans cheas a súa salvación. Un Deus que, lonxe de intereses mediáticos, grandes oropeis, tribunas públicas, pompas e boato, está presente no pequeno, nas cousas sinxelas, no humilde.

· No tempo de Moisés, Deus, o Deus dos pobres, fixo opción polo pobo oprimido, non polo pobo opresor. Non quere a tiranía dos exipcios nin a escravitude dos hebreos. Quere que todas as persoas, fillas súas, teñamos a mesma DIGNIDADE e IGUALDADE.

· No tempo de Xeremías, Isaías, Baruc…, Deus, o Deus dos profetas, fixo unha opción polo pobo desterrado, non polo pobo conquistador. Lonxe da prepotencia babilónica e da dependencia de Israel, Deus quere para todas as persoas a LIBERDADE.

· No tempo de Xoán Bautista e de María, Deus, o Deus das promesas, fixo opción polos sinxelos, polos austeros e polos humildes. Non quere a violencia nin o protagonismo, quere o RESPECTO e a SOLIDARIEDADE.

· No tempo de Bieito XVI , Deus, o Deus de Xesucristo, fai opción polos empobrecid@s e expoliad@s, pol@s marxinad@s e excluíd@s, pol@s febles e pacífic@s. Nunca poderá bendicir cegas ambicións e riquezas manchadas co sangue e a suor das persoas despoxadas da súa dignidade, porque El quere a XUSTIZA e a PAZ.

Ás veces vivimos coma o rei Acaz, perdid@s entre as manifestacións da forza e do poder dalgúns que din traballar polo ben: fundamentalismos de todo signo que pretenden defender a pureza dunha relixión, dunha raza, dunha nación…. Fronte disto, Deus maniféstanos que está presente alí onde se lle devolve á persoa a súa dignidade.

Por iso, a pregunta que nos podería lanzar El neste derradeiro domingo de Advento ben podería ser a seguinte: e ti, de que lado estás?.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

De novo, sentíndonos unidos nunha mesma fe, e dispostos a compartir a solidariedade na oración, dirixímonos a Deus para que aprendamos a ser verdadeiros sementadores do seu Reino. E cantamos xuntos:

VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO. QUE NA TERRA HAI BOA FALLA DE QUE MUDEN MOITAS COUSAS E MELLOREN (bis)

· Pola Igrexa, para que saiba descubrir a presenza do Mesías esperado, no traballo comprometido de tantas persoas que son capaces de arriscar a súa vida na defensa da xustiza e o cambio de estruturas opresoras, OREMOS.

VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO (bis)

· Polas nosas comunidades, para que nos preparemos con mais intensidade para o encontro co señor: visitando enfermos, falando con persoas soas, perdoando antigas rencillas, comprendendo situacións e persoas, acollendo a quen se sinta desprezado, OREMOS.

VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO (bis)

· Por cada un e cada unha de nós, para que este tempo que hoxe rematamos sexa alento e forza que nos axude a vivir desde a sinxeleza, a austeridade e a profundidade o tempo de Nadal que peta na porta do noso corazón, OREMOS.

VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO. QUE NA TERRA HAI BOA FALLA DE QUE MUDEN MOITAS COUSAS E MELLOREN (bis).

Grazas, Señor, por facernos caer na conta de que non son as rutinas, senón a sinceridade no facer e pensar, o que nos achega a Ti e aos irmáns. P.X.N.S. Amén.

REFLEXIÓN

Grazas, Señor,

porque nos invitas a endereitar os vieiros,

a preparar o camiño para que veñas.

Grazas, Señor,

porque queres contar comigo.

Grazas, Señor,

porque queres entrar na miña casa

e facer dela unha nova morada.

Grazas, Señor,

porque te lembras de nós,

e de min,

e poste no camiño polo que vou camiñando

para que te atope,

porque Ti xa me atopaches.

Grazas, Señor,

porque vés,

porque estás,

porque estarás.

Grazas, Señor.

CANTOS

ENTRADA: VOLVE, SEÑOR/VEN AXIÑA VISITARNOS

LECTURAS: CONTADE AS MARABILLAS

OFERTORIO: XURDIRÁ

COMUÑÓN: XESÚS CHAMADO AMIGO

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...