Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2011

32 Domingo TO A

SABIOS?. SI; PERO SEMPRE EN HUMANIDADE Pórtico     Nos tempos de crise, e cando todos falan de cartos, números e estatísticas, as lecturas de hoxe volven lembrarnos que a verdadeira sabedoría non está no ter, senón no ser: ser persoa, ser crente, ser cidadán, ser solidario... ser home ou muller de esperanza. E que lonxe estamos desta chamada!; e que pouco entendemos a palabra que constantemente se nos dirixe!...Nós seguimos insistindo no posuír, no dominar, no obter e executar o dominio sobre os demais, cando a cousa é moito máis sinxela, inda que non acabamos de prestarlle atención: é buscar canto nos fai máis humanos, sensibles, responsables e prudentes. Non son os títulos, senón a fondura de humanidade, o que nos descubre sabios. Prestemos atención a esta chamada. Perdón Por deixar que a nosa sabedoría creza na busca de prestixio e poder, e non no servizo, SEÑOR, QUE A SABEDORÍA SEXA HUMANIZADORA . Por andar a enredar en sedes que só falan de poder, dominio e imposición, CRISTO, QUE

31 domingo TO A

COIDADO COS PEDESTAIS!... SE CAES, DOE! Pórtico Acostumados a ver xente que é capaz de deixar atrás privacidade, dignidade ou respecto por un minuto de gloria no alto do pedestal, resulta polo menos curioso, escoitar o que nos di Malaquías na primeira lectura sobre o fráxil e perigoso que é estar subido nun pedestal. Si, porque as alturas, en ningún campo da vida, tampouco no eclesial, son boas, e deixan pegada, triste pegada. Son tantas as veces nas que ao querer estar nas alturas esquecemos que ninguén é máis ca ninguén, que acabamos traizoando ao irmán que confía e necesita de nós. Que non nos deixemos levar dos cantos de serea, e poñamos todo o noso interese en ser sinxelos e cercanos, sen buscar nin poder nin aplauso, senón coherencia e fidelidade a aqueles valores que queremos sexan eixo da nosa vida. Perdón Porque moitas veces somos orgullosos e non renunciamos a estar nos pedestais da soberbia e a superioridade, SEÑOR, DANOS UN CORAZÓN SINXELO . Porque en demasiadas ocasións de

XORNADA DO DOMUND 2011

ASÍ VOS ENVÍO EU PÓRTICO Bos días. A Igrexa, baixo o lema "así vos envío eu" , celebra hoxe a xornada mundial das misións, o DOMUND. É un bo día para que tomemos conciencia da nosa tarefa evanxelizadora, que non é máis que concretar no aquí e no agora de onde estamos as palabras que Xesús nos dirixe no evanxeo : o mandamento principal é o amor. É este un reto que nos implica a tod@s , todo e sempre. A TOD @ S : pois a Igrexa enteira, xerarquía, relixios @ s e segrares, estamos chamad @ s a ser axentes evanxelizadores. Ningunha persoa crente pode sentirse estraña a esta responsabilidade. TODO : Porque nada queda fóra do ámbito misioneiro: o que está lonxe e o que está preto; os países en vía de desenvolvemento e empobrecidos e os grandes núcleos urbanos dos países ricos, nos que Deus é un descoñecido, é ignorado ou está excluído; os nenos que se inician na vida e as persoas adultas que buscan o sentido da a súa existencia. SEMPRE : porque a misión afecta a toda

29 Domingo TO A

CANDO A NOSA INCOHERENCIA NOS SACA AS CORES, NON QUEDA ESPAZO PARA COMENENCIAS Pórtico Tense acusado moitas veces aos que forman a xerarquía (parte da Igrexa pero non toda a Igrexa), de facer política e de meterse a lexislar cando eles non foron elixidos polo pobo, e polo tanto non lles corresponde. E isto moitas veces ten ocorrido así, pero non sempre. Noutras ocasións a voz da xerarquía ergueuse/erguese para denunciar inxustizas de gobernantes e poderosos, abusos de poder, corrupción, engano... e non para gobernar por eles ou ocupar o seu lugar, senón para poñer de manifesto que a fe non son só palabras sen incidencia na vida, senón que é esforzo, compromiso e loita para facer un mundo máis amigable e xusto:un mundo humano. E cando actitudes e valores que nos falan de respecto, igualdade, xustiza, ben común, participación solidariedade, caridade política... nin se respectan nin están na base do xeito de gobernar, é necesario denuncialas, erguer a voz –calar sería ser cómplices– contr

28 domingo TO A

UNHA CASA SEMPRE ABERTA E NA QUE SE NOS INVITA A ENTRAR Pórtico     Cando a tod@s nos dá por padecer o síndrome de ser roubados e investimos cartos e medios en preparar as nosas casas para evitar que alguén entre e nos leve o que nelas temos, atopámonos co feito de que o evanxeo de hoxe fálanos de que ao banquete do Reino estamos tod@s invitados, que a porta está aberta, sen exclusións. Se queremos participar nel non atoparemos nin portas blindadas, nin alarmas, nin pechaduras de seguridade nin nada que lle poida impedir entrar a quen queira achegarse. As portas da fe están sempre abertas para quen chama nelas; pero inda que iso sexa así, non podemos esquecer que cando imos a unha casa á que nos invitan non debemos ir de calquera xeito. Por respecto e cariño a quen nos invita, imos asead@s, co mellor dos sorrisos e dispostos a pasar e facer pasar un momento agradable. Pois isto mesmo é ao que hoxe se nos invita: cando participamos nas celebracións, cando pedimos libreme