Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Oracións

Celebración penitencial Coresma 2018

Celebración Penitencial de Coresma 2018 Descarga o ficheiro   Canto.- EU sei de quen me fiei No nome do Pai… Saúdo       Sabemos de quen nos fiamos, cantabamos no comezo desta celebración. Non é esta unha frase feita ou retórica, senón   un compromiso de confianza e acollida do amor de Deus na nosa vida.   El ofrécenos o seu perdón dándonos novas posibilidades de deixar atrás canto co noso xeito de actuar ten producido dor e tristura nos demais.       Ao longo da coresma fomos reenchendo o sinal que nos axudaba a ver a necesidade de cambiar de palabras que se nos mostraban coma rochas que non nos deixaban avanzar ata a rbora da esperanza, Cristo resucitado. Así, palabras como comercio, vulgaridade, aparentar, ofender e superficialidade servíronnos de lóstregos para mirar ao noso interior e recoñecer que estamos necesitados de cambio, de deixar atrás actitudes que nin axudan nin nos axudan a ach...

Defuntos 2014

QUE A UNIVERSALIDADE DO TEU ACOUGO NOS FAGA DESCANSAR AO TEU CARÓN Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA Para os crentes hoxe é un día de esperanza e convicción. A esperanza que dá sentido á vida abríndonos o camiño que remata na plenitude de estar sempre e para sempre con Deus. Isto que tantas veces temos escoitado, e seguro que repetido ao dar un pésame, ao achegar palabras de alento a un amigo que acaba de perder un ser querido; en momentos nos que temos rezado e encomendado aos “nosos” que xa non estaban, conforma o cerne da fe cristiá. Sen esperanza a fe redúcese a consumo e entretemento; e a relixión no pasa de ser un conxunto de ritos que non entendemos. Pero porque os cristiáns cremos que non é así, hoxe ese esperanza lévanos non só a lembrar e ter presentes aos familiares, veciños ou amigos que xa non están, senón a sentírmonos comunidade solidaria na oración que pon a confianza no Deus que, en Xesús, se manifestou como plenitude e sentido da vida. Rompamos, log...