UNHA IGREXA CHAMADA A SER LUZ DAS XENTES E POBO DE DEUS PÓRTICO Xa estamos outra vez no tempo de Advento, o que nos indica que comezamos a preparación para recibir ao Señor que chega ao corazón de cada un e cada unha de nós. Catro semanas nas que somos chamados a poñernos en camiño, a romper dunha vez por todas a inercia de pensar que a vida non é máis ca unha sucesión de minutos que se converten en horas, días e anos; catro semanas para ir crecendo por dentro e preparando en nós o berce no que acoller ao neno. Neste Ano da Fe co que a Igrexa quere celebrar os cincuenta anos do comezo do Concilio Vaticano II –1962-, a nosa proposta quere ser un impulso que nos leve a coñecer e reflexionar sobre o que tal acontecemento ten suposto na vida da Igrexa. A tal fin, cada un dos domingos iremos presentando unha das catro Constitucións que conforman o traballo que o Concilio ofreceu a toda a Igrexa para renovarse e estar no mundo con actitude de diálogo e
Para orar e celebrar a fe na nosa terra