Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

1 DOCMINGO ADVENTO 2022

1º Domingo de Advento.  Ciclo A. 2022/2023 Sinal de Advento:  A nosa sinal para este tempo de Advento vai ser a árbore da vida. Nela cada un dos catro domingos iremos colgando, das súas pólas, unha bola na que estará escrita unha lenda en relación cos textos que imos proclamar na celebración. Buscamos ir facendo do Advento camiño de interioridade e toma de conciencia sobre a necesidade de camiñar desprendéndonos das follas murchas da nosa vida . Nesta primeira semana a bola levará escrito “ A paz, camiño e horizonte ”. Canto gozoso   Entrada.- Moito me alegrei cando me dixeron  (  ) Lecturas.-  Ergo os meus ollos cara os montes  (Nº 112) Ofertorio.-  Recibe, Señor, co pan e co viño  (nº 31) Comuñón.-  Non vou so   (Nº 60)   Escoita activa           Co aprimeiro domingo de Advento, comezamos hoxe un novo camiño de preparación cristiá cara ao Nadal. Quere ser un poñernos no camiño mirando cara ao interior de cada unha e cada un de nós, buscando atopar situacións, actitudes, comportamento

Cristo Rei 2022 C

  Porque o seu Reino é de igualdade, temos tarefa por diante Recendos de sons agradecidos ü    Entrada .- Con ledicia vimos ü    Lecturas.-  Moito me alegrei cando me dixeron ü    Ofertorio.-  Na nosa terra ü    Comuñón.-  Eu soñei Ollos abertos Rematamos hoxe o ano litúrxico coa celebración de Cristo Rei. Atrás foron quedando as celebracións, nas que compartimos tempo, espazo, oración, alegrías e tristuras, pero sempre xuntándonos desde a esperanza de Xesús, quen nos vou traer un Reino novidoso, rompedor e nada ao uso: Un reino de xustiza e igualdade, para que sexamos nós hoxe as continuadoras e os continuadores da tarefa iniciada por el e seguida por moitas mulleres e homes ao longo destes dous mil anos de historia das comunidades cristiás. Sigamos celebrando esta boa nova e reuníndonos no seu nome para poder ir sementando o mundo do seu proxecto de amor.   Corazón misericordioso Polas veces nas que temos renunciado a construír o teu Reino. SEÑOR, NON DEIXES DE MIRAR POR NÓS.

33 Domingo TO C 2022

  Xesucristo fíxose pobre por ti Canto gozoso Entrada.-  Andarei na presenza do Señor ( Nº 11) Lecturas.- Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) Ofertorio.-  Eiqui están Señor (Nº 32) Comuñón.- Ide e pregoade (Nº 55) Ollos abertos Hoxe domingo, 13 de novembro, a Igrexa celebra o Día Mundial das Persoas Pobres. Este ano, o Papa Francisco propón como lema "Xesús Cristo fíxose pobre para ti". Na mensaxe que escribiu para este día, dinos algo que sempre deberiamos ter presente no noso día a día: “ compartir o pouco que temos con quen non ten nada, para que ninguén sufra” .  Nun mundo cheo de problemas, dificultades, dor e traxedias persoais e comunitarias, non podemos darlle as costas á persoa pisada, esquecida ou tratada con violencia e falta de respecto. Na medida na que nós sexamos capaces de ver máis alá das nosas dificultades e problemas, seremos capaces de entender por que a fe é un camiño de solidariedade e fraternidade. Poñámonos logo en disposición de celebrar