A ausencia de compromiso moral converte o cumprimento da lei en mentira totalitaria Pórtico Pouco a pouco as sociedades van deixando atrás o seu compromiso moral para quedarse no dominio da lei. Non nos resulta estraño escoitar que as convicións morais son algo individual, e que nunha sociedade democrática o que ha primar é o cumprimento da Lei. E de tanto escoitalo, resulta que tamén nós acabamos por crelo. O resultado está á vista, non fai falta dar moitas explicacións: non cremos no que facemos, fáltanos capacidade para a tenrura, non distinguimos a persoa da norma, buscamos facer o que manda a lei esquecendo valores e convicións. E deste xeito ímonos baleirando por dentro ata non quedar en nada; convertémonos en robots que cumpren o que lles mandan, pero non pensan nin buscan razón de por que deben facer así e non doutro xeito. Este é un dos moitos males do noso tempo e da nosa xente, quizais tamén noso. Somos incapaces de sentir algo por alguén, só nos vale na medida en que ll
Para orar e celebrar a fe na nosa terra