Vaiamos e camiñemos á luz do Señor! PÓRTICO Empeza o Advento, ese tempo que sempre dicimos que é de preparación para o Nadal. De verdade, preparación para o Nadal?. Se levamos preto de dous meses vendo luceciñas de cores en escaparates, centros comerciais e mesmo nas rúas. Xa hai ben tempo que asociacións, Anpas, comisións de festas e mesmo parroquias nos veñen tentando coas rifas para colaborar nunhas ou noutras cousas. Nas tendas, centros comerciais ou supermercados o turrón, os polvoróns e demais alimentos que se comen en Nadal son ofrecidos como adianto e a mellor prezo. En que temos convertido o Nadal?. Ten sentido seguir falando de que o Advento é tempo de espera, preparación, invitación ao cambio e á reflexión?. Pois si, teno e moito, non hai mellor maneira de contrarrestar esta visión consumista e meramente gastronómica ao que algúns queren reducir o Nadal, que cunha resposta sinxela, pero sincera; austera, pero non miserenta; alegre, pero non de panxoliña edulcorad
Para orar e celebrar a fe na nosa terra