Ir al contenido principal

DEUS ESTÁ AQUÍ

TESTEMUÑAS DUNHA VIDA E TRANSMISORES DUNHA EXPERIENCIA

PÓRTICO

Sempre dicimos que a fe é importante na nosa vida, que Deus ocupa un lugar fundamental, que sen El faltaríanos algo. Nembargantes, en demasiadas ocasións utilizamos a Deus para os nosos propios intereses, ancorándonos en costumes, tradicións, comodidades… e deixando de lado o que debera ser o fundamental: a construción do Reino aquí e agora.
Que a celebraciónb que comezamos nos axude a saber estar no mundo cunha actitude de colaboración, para deste xeito ir deixando tras de nós as pegadas de quen se sinte testemuña do Deus da vida.


PERDÓN

Polas veces en que nos pechamos en nós mesmos, facendo o que nos apetece a nós e desentendéndonos de todo e de todos, SEÑOR, ÁBRENOS Á VIDA.

Porque nos custa renovarnos e preferimos dar de costas a todo o que signifique transformación e cambio, CRISTO, ÁBRENOS Á VIDA.

Polas veces nas que tratamos de encorsetar a Deus e sometelo á nosa conveniencia, SEÑOR, ÁBRENOS Á VIDA.

REMUÍÑO

* Que o Señor encamiñe os vosos corazóns ó amor de Deus e á paciente espera do Cristo.

Para nós, que hoxe temos a misión de manifestar coa nosa vida, coas nosas actitudes e cos nosos valores a Xesús, estas palabras de Paulo fannos caer na conta de que chamarnos cristiáns, levar o nome de Cristo non é nin un costume nin unha tradición, e menos unha rutina. Inda que moitas veces non somos conscientes do que nos supón e esixe, chamarnos cristiáns ten que ser para nós un plantexarse seriamente que responder ao seu mandato ten que facer tremer as nosas seguridades e o noso costume de entender as cousas da fe coma algo ”que se fixo sempre, e inda que eu non creo o fago”. Non pode ser ese o noso xeito de ver e facer as cousas. Atrás quedou o tempo no que nos obrigaban a bautizarnos, casar pola igrexa ou facer a primeira comuñón. Hoxe, grazas a Deus e á democracia, xa non é así. Acoller a fe é un acto de liberdade, por iso se queremos ser cristiáns e levar con dignidade o nome de Xesús, temos que pensar o que iso nos supón e esixe, e deixar de facer as cousas sen sentilas, sen vivilas, sen descubrir qué supón e aporta á nosa vida. Á grande maioría dos bautizados fáltanos fe, e sen fe, dificilmente poderemos entender o que El quere e pide de cada un dos seus seguidores. E, desenganémonos, a fe non nola dan nin as moitas misas do patrón, nin os moitos funerais, nin os moitos bautizos aos que teñamos asistido por simple costume. A fe é un encontro persoal e gozoso co Resucitado que lle vai dando forza e sentido á nosa vida. E é no medio do mundo, no que facemos cada día na familia, no traballo, na colaboración veciñal, no noso tempo de lecer... onde temos que manifestar e mostrar que somos homes e mulleres de fe, que Cristo é importante e supón o horizonte que nos leva a vivir os valores do Reino sen complexos e na gratuidade. A que esperamos?.

* O Deus de Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob. E Deus non é un Deus de mortos, senón de vivos, para El todos están vivos.
  • Espertar á fe axudaranos a entender por qué o noso é un Deus de vivos.
    Espertar á fe levaranos a aprender a vivir na esperanza e a superar o derrotismo, tantas veces presente á hora de falar de Deus e poñer na súa compaña o que nos alenta e tamén canto nos preocupa.
  • Espertar á fe faranos caer na conta de que sómente quen sabe por a súa vida no camiño de buscar canto dignifica, canto busca o que é xusto e non o aproveitarse dos demais, canto respecta a pluralidade que supón que haxa outras visións, e que non debo impor só a miña, porque Aquel que nos abre á vida tamén é Pai dos que non pensan coma min.
  • Espertar á fe é saber agradecer, diante do pasamento de familiares e amigos todo o bo que El foi pondo na vida de quen nos deixou, sen caer no camiño fácil de botarlle a El a culpa da morte do familiar ou do amigo. Tamén na dor estamos invitados a descubrir a esperanza, e que a vida ao lado de Deus é plenitude de todo aquilo polo que temos loitado no noso paso polo mundo.

Se camiñamos así, si que entenderemos que Deus é un Deus de vivos e non de mortos, de vida e non de morte, de esperanza e non de tristura.


ORACIÓN DA COMUNIDADE
Pondo a nosa esperanza no Deus que sabe acompañar as nosas vidas e respectar a nosa liberdade, compartamos agora a nosa oración, sabéndoa por ao seu dispor para dar froitos de amor solidario e confiado, e digamos.
Que a vida sexa un canto de esperanza
  • Pola Igrexa para que renove o seu compromiso pola vida, especialmente, e polas persoas que día a día a perden por non ter unhas condicións dignas de vida, de traballo, de dignidade, OREMOS

Que a vida sexa un canto de esperanza

  • Para que nos nosos grupos cristiáns, parroquiais ou non, non nos deixemos levar pola indiferenza, e sabendo vencela convertamos a nosa resposta de fe en acción a favor dos que máis necesitan do noso tempo: os que están solos, os vellos, os enfermos, os que son mal vistos, os que teñen pouca relación cos outros veciños, OREMOS.

Que a vida sexa un canto de esperanza

  • Por cantos estamos agora compartindo a fe desde a escoita da palabra e o pan compartido, para que nos esforcemos cada día en vencer a tentación de facer da resposta que nos pide Xesús un simple cumprimento de preceptos, normas ou mandatos, sen ser capaces de poñerlle vida, ilusión e risco, OREMOS.

Que a vida sexa un canto de esperanza

Grazas, Señor, por axudarnos a espertar do sono que nos leva a empobrecer a vivencia de fe, e nos incapacita para responder a túa chamada. Amén.


REFLEXIÓN

Son moitas as vendas que me impiden ver.
Pero Deus sigue sendo o que quita as barreiras,
o que limpa os meus ollos,
o que me devolve unha e outra vez a capacidade de descubrir
o que me está oculto.
Só teño que deixarlle facelo,
deixarlle tomar a miña man para sacarme do coñecido;
deixarlle que toque os meus ollos,
as miñas entrañas e o meu corazón,
para ver de novo.


CANTOS

ENTRADA: Pedras vivas / Todos xuntos

LECTURAS: A túa Palabra

OFERTORIO: Gracias, Señor, graciñas

COMUÑÓN: Ide e pregoade / Sede o sal sede a luz

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Domingo Ramos 2025

TRANSFORMEMOS A FLOR MURCHA DA CORESMA NO VERDE ESPERANZADO CARA Á PASCUA   Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos.  COMEZANDO A CAMIÑAR Xesús púxose en camiño cara a Xerusalén ,escoitaremos na lectura do evanxeo de Lucas. Un camiño que se converte en sinal de contradición. En Xerusalén vivirá a morte; pero tamén alí, na mesma Xerusalén, na resurrección, mostrarase a grandeza e a fondura do Deus que envía ao seu Fillo para ser coma nós. A resurrección é, xa que logo, o triunfo, a esperanza, o punto de chegada dun camiño duro, difícil e cheo de dificultades. Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo. Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza. ACOLLENDO A BENDICIÓN DE DEUS Señor, sabénd...