Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

5 Domingo TO A 2107

SE APRENDEMOS A SER SENSIBLES, NUNCA DEIXAREMOS QUE A TRISTURA, A DOR E A DEBILIDADE DOS IRMÁNS PASE ANTE NÓS COA INDIFERENZA DE QUEN PENSA QUE AS PERSOAS SON "SOBRANTES" Descarga o ficheiro   CANTO GOZOSO ENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) LECTURAS: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) OFERTORIO: Recibe Señor (Nº 31) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 64) ESCOITA ACTIVA Comezabamos cantando eu sei de quen me fiei. De verdade que sabemos de quen nos fiamos? Mellor, somos quen de fiarnos de Deus? Non será que en non poucas ocasións pechámonos en nós mesmos, e aínda que as palabras digan que nos fiamos de Deus, o corazón, o pensamento e o noso xeito de comportarnos mostran que só nos fiamos de nós mesmos? Pero para Deus nunca nada está perdido. El segue a darnos oportunidades para poder cambiar; para deixar atrás o que sabemos que non facemos ben; para mirar cara adiante e volver comezar. Si, porque El é o Deus das persoas e para as persoas, non o

4 Domingo TO A 2017

“ Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,porque eles ficarán fartos ”. Desde esta fartura que nos ofrece Deus, saibamos rebordar a nosa vida de esperanza Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Non vou so (Nº 60) LECTURAS: Benaventurados (Nº 119)  OFERTORIO: Recibe Señor (Nº 31)  COMUÑÓN: todos xuntos (Nº 56) ESCOITA ACTIVA Volvemos reunirnos de novo no nome do Señor. Ao longo da semana téñennos ocorrido moitas cousas: tristezas, esperanzas, dores, incomprensións, discusións, reconciliacións... a vida de cada un e cada unha de nós. E neste día xuntámonos nos nosos lugares de reunión comunitaria para poñelo todo na man de Deus; para sentir a súa presenza; para agradecer a súa compaña; para dicir: grazas, Señor, por ser caxato onde nos sentimos seguros nas diversas situacións que temos vivido ao longo destes sete días. Unha seguridade que non nos blinda nin nos illa dos demais, senón que nos leva e nos chama sermos d

3 Domingo TO A 2017

SERVOS, QUE NON ESCRAVOS. A DINÁMICA DA NOSA RELACIÓN CON DEUS É DESDE O SERVIZO, NON DESDE A IMPOSICIÓN Accede e descarga o documento CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº10) LECTURAS: Ti es camiño e verdade (Nº 57) OFERTORIO: Todos xuntos (Nº 56) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) ESCOITA ACTIVA A celebración de hoxe pon diante de nós un feito innegable: Deus segue a chamarnos, conta con nós. Oxalá que, coma os Apóstolos, tamén nós saibamos deixar todo aquilo que nos impide seguilo, todo aquilo que non fai das nosas familias, os nosos traballos, as nosas parroquias, os nosos países... verdadeiros espazos de diálogo, entendemento, traballo solidario e crecemento persoal, de Reino de Deus. Que celebremos xuntos esta grande ledicia. CORAZÓN MISERICORDIOSO *       Porque moitas veces fáltannos iniciativa, ilusión e imaxinación á hora de botar as redes, caendo na imposición e na vulgaridade; SEÑOR, QUE A TÚA MISERICORDIA ENCHOUPE A NOSA VIDA. *       Porque moitas veces o noso ind

2 domingo TO A 2017

SERVOS, QUE NON ESCRAVOS. A DINÁMICA DA NOSA RELACIÓN CON DEUS É DESDE O SERVIZO, NON DESDE A IMPOSICIÓN Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 9) LECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 34) COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 54) ESCOITA ACTIVA Servo é aquel que serve, que se pon ao dispor de quen o necesite. Porén, escravo é aquel que está sometido, que non actúa por si mesmo senón baixo o xugo de quen o manda e controla. Os crentes no Deus de Xesús estamos chamados a ser servos, nunca escravos. Servos que serven, que están preto de quen os necesite, de quen se sente desorientado e desacougado. Pero sempre sen perder a súa dignidade nin o respecto cara El e cara aos demais. Servos sempre. Escravos, nunca. Deus non quere que esteamos sometidos a ninguén nin a nada, de aí a importancia de non permitir que a ningunha persoa se lle falte ao respecto ou sexa maltratada; de aí o i