Se Deus nos quere iguais, por que facemos distingos e nos empeñamos en ser o que non somos ? PÓRTICO Hoxe máis ca nunca, a maxia e o esoterismo están de moda: o tarot, as adiviñanzas, a sorte,... teñen un posto importante nas nosas decisións e mesmo poden chegar a mover a nosa vida. O futuro é algo que non chegamos a controlar e polo tanto danos medo non ser capaces de conseguir as nosas metas, ou quedar polo camiño. Recorremos entón ao que faga falla para lograr "coñecelo". Isto mesmo pasa coa nosa fe: recorremos a unha fe máxica, superficial, que non compromete a nosa vida nin nos fai cambiar, senón que só nos deixa tranquilos, xa que o noso está seguro, e o dos demais non importa. A invitación de hoxe vai dirixida a nós que temos medo, para que confiemos no Señor, para que nos deixemos transformar pola súa palabra e o seu corpo, para que nos deixemos cuestionar pola comunidade e os acontecementos que pasan ao noso carón. Deixemos pois que o Señor nos abra os oídos, os ollo
Para orar e celebrar a fe na nosa terra