Poñamos os feitos ao servizo da honestidade e a coherencia da vida ao estilo de Xesús. Razoemos antes de botar pola boca loanzas ou críticas ao vento. Descarga o ficheiro Cantos Entrada .- Eu sei de quen me fiei ( 64 ) Lecturas .- Escoita ti ( 26 ) Ofertorio. - Velaqui, Señor, o viño ( 37 ) Comuñón .- QUÉDATE, Señor, connosco ( 64 ) Oídos atentos Saber escoitar é unha tarefa nada doada. Parécenos que podemos acadala, mesmo que sabemos facelo, pero cada vez cústanos máis poñernos no lugar da outra persoa, poñer toda a atención ao que nos di, saber calar e atender, sen estar buscando resposta ao que nos está a dicir. A escoita supón un esforzo permanente de non caer na tentación de dicir o que nos parece ou o que a nós nos gusta ou convén, pensando só no noso interese. Toda escoita esíxenos renunciar a nós mesmos para poñer toda a atención en quen se dirixe a nós, o que nos obriga a facelo con respecto e sen facer de menos. Neste noso mundo tan necesitado de
Para orar e celebrar a fe na nosa terra