Ir al contenido principal

6 domingo TO C 2019

CONTRACORRENTE

CANTO GOZOSO

ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7)
LECTURAS: Eu soñei (Nº 58)
OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120)

PARA NON PERDER O PASO

Ditosas as persoas que saben ser pobres e compartir o pouco ou moito que teñen cos seus irmáns e as súas irmás. Pobres das persoas que só se preocupan das súas riquezas e dos seus intereses.
Ditosas as persoas que coñecen a fame e a necesidade, porque non queren explotar, oprimir ou pisotear á xente. Pobres das persoas que son capaces de vivir tranquilas e satisfeitas, sen preocuparse da xente necesitada.
Ditosas as persoas que choran as inxustizas, as mortes, as torturas, os abusos e o sufrimento da xente pequena. Pobres das persoas que se rin da dor da xente mentres disfrutan do seu benestar.
O camiño de Xesús cara á felicidade é completamente distinto ao que nos propón a sociedade actual. Aceptas o seu desafío?

CO CORAZÓN FERIDO

Por non ter aprendido a escoitar e a mirar cos teus ollos á xente pobre, famenta e que chora; SEÑOR, PERDOA A NOSA INSENSIBILIDADE.
Porque non temos fame e sede de xustiza, senón de vinganza, CRISTO, PERDOA A NOSA INSENSIBILIDADE.
Polas veces en que excluímos ás persoas só pola súa aparencia externa; SEÑOR, PERDOA A NOSA INSENSIBILIDADE.

UNHA PALABRA QUE AGROMA

Ser felices constitúe a nosa constante aspiración; pero o problema complícasenos cando nos preguntamos que facer para acadar esta felicidade. Porque esta non está directamente relacionada con ter moito, senón que se atopa máis no ser. A sociedade da abundancia produce benestar, pero non felicidade. Nos países ricos non morremos de paludismo ou malaria; pero si de baleiro, de estres ou de desencanto. Hoxe Xesús defínenos o programa do Reino con catro benaventuranzas:
 “Felices @s pobres, porque voso é o Reino dos Ceos”. Xesús bendí aos pobres porque son sinxelos en confían nel; está con eles e enche os seus baleiros. É o seu consolo e a súa forza. O Reino de Deus perténcelles. Porén serán infelices os que son ricos a costa dos pobres, os que non reparten con xustiza, os que non distribúen con amor, os que non respectan a dimensión social da riqueza, os que se apoian en ter cada día máis a calquera prezo, os avaros, os que seguen a máxima de “os cartos non dan a felicidade, pero axudan a comprala”.
“Felices @s que agora tedes fame, porque quedaredes fart@s”: Parece un sarcasmo chamar felices aos fament@s de pan e sedent@s de auga, pois son necesidades vitais que cómpre ter cubertas. Diante da realidade da fame, Xesús non fala contra dos que teñen o suficiente para satisfacer as súas necesidades, senón que chama infelices aos que nadan na abundancia mentres outros morren de inanición, os que desperdician a comida que podería alimentar a outros, os que se rodean de cousas e cousas que poderían cubrir as necesidades doutros, os que no fan nada para que diminúan as inxustizas.
“Felices os que agora chorades, porque riredes”: Xesús bendí as bágoas da compaixón polos que choran diante do peso da limitación; as bágoas daqueles que lamentan os males físicos que azoutan aos demais, as bágoas dos que choran os propios erros. Xesús promete a felicidade a tod@s @s que son solidari@s cos agoniad@s da terra. E pola contra, Xesús chama infelices aos que rin sobre as bágoas dos demais, aos que trafican con armas ou con drogas para matar, aos que se rin das desgracia alleas, aos que se inhiben diante das miserias do mundo.
“Felices vós, cando vos rexeiten e vos exclúan por causa do Fillo do Home”: Xesús non vai contra os que merecen a aprobación dos demais polas súas capacidades: entrega, xenerosidade, bondade, altruísmo, servizo, xustiza.... Xesús vai contra os adulados por cartos ou servilismo, contra os que vende a súa imaxe como positiva, sendo as súas obras ou intencións negativas; os que ser preocupan de ter unha boa presenza exterior sen ter contido interior.
A mensaxe de Xesús rompe cos esquemas de felicidade do noso primeiro mundo, e poida que en pleno século XXI sexa un tanto estraña, porque estamos afeitos, tamén os cristiáns, a vivir nunha sociedade que estivo e que está de parte dos poderosos e dos que basean a súa felicidade na economía materialista. Así é imposible entender a mensaxe de Xesús e o seu programa de vida; pero o Espírito sopra na nosa historia, invitándonos a espertar para tomar en serio a conciencia social do Evanxeo. ¡Que nos deixemos guiar por el!.

DESDE A ORACIÓN COMUNITARIA

Señor, ti sempre nos valoras como somos, por iso nos deches a tod@s a mesma dignidade, por iso xunt@s dicimos:
QUE COMPARTAMOS O QUE IMPORTA
Por todas as persoas que formamos a Igrexa, Pobo de Deus, para que comprendamos que é mellor dar que recibir, servir que dominar, compartir que acaparar, perdoar que vingarse, OREMOS.
QUE COMPARTAMOS O QUE IMPORTA
Por todas as persoas que se atopan nunha situación de sufrimento, polas persoas enfermas, polas persoas que viven con fame e sede, polas persoas que non ven respectados os seus dereitos e a súa dignidade, OREMOS.
QUE COMPARTAMOS O QUE IMPORTA
Por cada un e cada unha de nós, para que     escoitemos a voz de Deus que nos fala a través do berro de tanta xente marxinada do noso mundo, OREMOS.
QUE COMPARTAMOS O QUE IMPORTA
Señor, ti creáchesnos a todas as persoas iguais en dignidade. Non deixes de lembrárnolo día a día. PXNS. Amén.

PARA SENTIR A LEDICIA DO COMUNITARIO

Mira, non te trabuques,
non busques a felicidade barata,
non a busques polos camiños trillados que nos pintan.
Non fagas caso dos reclamos da publicidade
nin te deixes levar da sedución das cousas.
Non está a dita en ter moitas cousas,
en lucir boas marcas, en conseguir gran fortuna.
Non está a dita nos praceres da vida
ou en chegar a ser unha estrela.
Esta dita é enganosa, e fuxe.
A xente mátase por ela e termina sendo infeliz.
Eu vin a felicidade na cara dos pobres, que eran libres.
Eu vin a dita en persoas que choraban; pero facíano con fe e abertos á esperanza.
Non é máis feliz o que máis ten, senón o que máis comparte.
Non é máis feliz o ansioso que mendiga o pracer de porta en porta,
senón o que escala a montaña da liberdade.
Non é máis feliz o escravo dos seus instintos, senón o escravo do amor.
Ditoso, pois, quen se abre aos camiños do amor.
Bendito o que se nega a si mesmo para dar vida aos demais.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...