SEMENTADORES DE ILUSIÓN Pórtico Estamos cansos de palabras. Sobran. Parece que cada un/ha de nós vémonos obrigados a dar sentencia, a opinar, e sobre todo a sentírmonos sempre importantes e protagonistas. Porén a mecánica de Deus é ben distinta; sóbranlle as nosas palabras e fáltanlle os nosos feitos. Que pouca atención lle prestamos!. Segue a faltarnos o máis importante: a vida. Onde está o noso testemuño?. As enquisas dinnos que a Igrexa é a institución da nosa sociedade menos valorada. Tan pouca ilusión temos para transmitir?. A nosa celebración de hoxe xira arredor do tema do seguimento: Isaías, Paulo, Pedro... son chamados por Deus, coma cada un e cada unha de nós, que vimos aquí convocados por El para celebrar a nosa fe. Non é un mago nin un tapaburacos que vaia resolver os problemas que temos, pero si nos vai alentar, agarimar e acompañar para que fuxa de nós a soidade. Que saibamos descubrilo!. Perdón Porque seguimos tentando pescar coas vellas redes do cumprimento
Para orar e celebrar a fe na nosa terra