Ir al contenido principal

Domingo 4 TO

Chamados a sermos profetas do amor na nosa terra

PÓRTICO

    Que sería de nós sen amor?. Seguro que moitas veces témonos feito esta pregunta, seguro tamén que lle teríamos atopado máis dunha resposta. Respostas que non irán moi lonxe de afirmar que nos sentiríamos perdidos, tristes, sen ilusións... por que?, pois moi sinxelo, porque é o amor o que nos dá vida. Desde o amor viñemos á vida, desde o amor fomos acollidos nela, desde o amor fomos descubrindo a existencia de persoas que se preocupaban, que puñan a súa vida ao noso servizo. Tamén desde o amor fixemos proxectos de vida compartida con outras persoas, de decisións para vivir na solidariedade e o ben común, de causas na defensa dos pequenos e necesitados.

    E todo isto desde onde?. Pois moi sinxelo, desde Aquel que nos quere, que nos buscou desde sempre, que estivo, está e seguirá a estar a noso lado nas ledicias, que foron moitas, e tamén nas dificultades, que non deixaron de chamar na nosa porta. Por El, con El e Nel, xuntámonos aquí esta mañá de xeito agradecido. Abramos o corazón para deixarlle un sitio e que quede con nós.

PERDÓN

  • Porque moitas veces na nosa vida temos convertido o amor en utilización e dominio d@ outr@, SEÑOR, ENSÍNANOS A AMAR.
  • Porque temos entendido o teu amor como un esixirche constante, e non como unha experiencia de gratuidade agradecida, CRISTO, ENSÍNANOS A AMAR.
  • Porque a nosa falta de fe e esperanza, ten convertido o noso amor a Ti en pura chantaxe para que nos concedeses o que nós lle negabamos aos nosos irmáns e ás nosas irmás, SEÑOR, ENSÍNANOS A AMAR

REMUÍÑO

  • Un Deus para o cotián: Moitas veces, cando falamos de Deus pódenos a tentación de presentalo como un ser superpoderoso, afastado, con certa tendencia ao capricho: a uns concédelle unhas cousas, mentres que a outros llas nega. Porén, se nos achegamos con ollos claros e limpos ao Evanxeo, descubrimos unha realidade, unha imaxe, unha experiencia totalmente distinta. Deus móstrase como alguén achegado, o amigo co que podemos falar e contarlle as nosas cousas, a man que se nos tende cando parece que a nosa vida, ou as nosas decisións navegan na indecisión; a forza e o alento que nos move a comprometernos en causas que pagan a pena e nas que a dignidade dos seres humanos é redimida e respectada. Ese é o Deus en cuxa fe fomos bautizados, o Deus que nos convoca cada domingo; o Deus, que busca, quere e empúrranos a superar a tentacións de ser mediocres, para que o cotián, o que temos máis preto de nós, o de tódolos días se converta en importante, sen que iso supoña rito, rutina ou costume. Claro que vivilo así vai supor que moitos nin o entenderán nin nos entenderán, coma fixeron con El, pero que máis dá, paga a pena traballar para que poida ser así. A pesares de que sexamos @s albaneis, @s carpinteiros, @s electricistas, @s oficinistas, @s do servizo doméstico, @s traballadoras do fogar, @s... pero por riba de todo @s ilusionad@s seguidor@s de Xesús.
  • Que nos chama a vivir no amor: A invitación a descubrilo no sinxelo e cotián da nosa vida, levará a que vaiamos percibindo que outra forma de ser cristián aquí, no noso primeiro mundo tan cheo de contradicións e de fartura, é posible. E esa posibilidade depende, única e exclusivamente de nós. Só nos fai falta un pouco de sentido común e de non importarnos ser diferentes aos demais. E ese "plus" para conseguilo atoparémolo no amor. O amor do que nos fala o himno da segunda das lecturas: sinxelo, honesto, alegre, entregado, buscador da verdade e do ben común, comprometido na concreción da xustiza... hai alguén que poida darnos máis?. Por que entón somos tan pouco testemuñas á hora de levalo ao cotián da nosa vida?. Non esquezamos que sen amor non será posible nin a esperanza nin a fe, por moito que nos digamos crentes, seguidores ou discípulos Del. A que esperamos?.

    ORACIÓN DA COMUNIDADE

    Invitados a descubrir a Xto. coma o caxato no que nos imos apoiando no camiño da vida, deixemos que sexa El, e non nós, o que nos guíe. Por iso dicimos:

    Grazas por enchouparnos co teu amor

    • Pola Igrexa, para que sexamos comunidade viva e ilusionante, e saibamos levar ao mundo do que formamos parte unha visión de Deus leda, solidaria, xusta e de gratuidade, Oremos.

    Grazas por enchouparnos co teu amor

    • Polas nosas comunidades, para que non nos deixemos ir polo camiño do pesimismo, o aburrimento, a rutina... e fagamos o esforzo para que as nosas celebracións sexan expresión da nosa vida, e a nosa vida se vexa alentada polo que xuntos celebramos, Oremos.

    Grazas por enchouparnos co teu amor

    • Por nós, que hoxe estamos a responder á invitación de converter a súa Palabra en vida chamada a botar raíces e dar bos froitos de amor, xustiza, ben común, participación e esperanza, alí onde esteamos, a pesares do que outros digan ou pense,. Oremos.

    Grazas por enchouparnos co teu amor

    Simplemente: Grazas, Pai, por estar sempre aí. PXNS.Amén.

    REFLEXIÓN

    Xesús, prometemos escoitarte e seguirte

    cando nos fales, de día ou de noite,

    a través das palabras e da vida da xente

    que atopamos ao saír á rúa.

    Xesús, prometemos non apegarnos ao noso,

    ao noso xeito de ver e de entender,

    aos nosos medos, seguridades e verdades,

    para poder descubrir mellor a túa novidade.

    Xesús, prometemos andar con humildade,

    cos ollos do corpo e do espírito ben abertos

    para descubrir o teu paso, as túas pegadas, a túa figura

    no acontecer vivo e cotiá da historia.

    Xesús, prometemos entregar o noso orgullo,

    estarmos atentos aos profetas de dentro e de fóra,

    deixarnos axudar, curar e amar,

    para gozar e sementar a túa boa nova.

    Xesús, prometemos non aferrarnos á nosa terra,

    non defender privilexios que outros non poidan acadar,

    ver os teus sinais onde ti queiras

    e non gastar enerxías en pelexas inútiles.

    Xesús, prometemos non ser amigos de normas e dogmas,

    non empurrar a ninguén por camiños de morte,

    pararme xunto a quen está en esquinas e beirarrúas

    e chamar sempre ás portas da túa misericordia.

    Xesús, prometemos calar e escoitar,

    ver e contemplar, seguir e obedecer,

    aínda que nos pareza pequena e sen brillo,

    a túa presenza pobre no medio dos pobres.

    CANTOS

    • Entrada: Vinde axiña.
    • Lecturas: O Señor é o meu pastor
    • Ofertorio: Grazas, Señor, graciñas
    • Comuñón: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...