Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

27 domingo TO C 2022

SÓ QUEN SABE PERSEVERAR É CAPAZ DE DESCUBRIR QUE DEUS NUNCA NOS DÁ AS COSTAS Cantos     Entrada.-     Andarei na presenza do Señor ( 9  )     Lecturas.-    Deixate querer (  )        Ofertorio.-    Eiqui están, Señor   ( 34 )     Comuñón.-   Acharte presente   (54) ESCOITA ACTIVA No tempo as tecnoloxías e mais da hiper comunicación , nunca as persoas nos temos sentido máis solas e desasistidas. Isto invítanos a non esquecer que o cerne de tódalas cousas que fan felices aos seres humanos non está nin no ter nin no posuír, senón no compartir, acompañar, escoitar ou mostrar que de verdade as persoas son, somos, importantes, e como tal querémonos, preocupámonos unhas polas outras, sen deixamos de lado como de fosemos trapos de usar e tirar.     En todo este sabernos acompañados, as persoas crentes, percibimos que  nesa compañía está o Deus que en Xesús nos veu mostrar que o amor non só é máis forte que o odio, senón tamén que só poñendo o amor como eixe no noso camiñar poderemos ser felic

26 domingo TO C 2022

AQUÍ CONSTRUIMOS UN FUTURO CON PERSOAS MIGRANTES E REFUXIADAS!!!!!!!!!! CANTOS ö    ENTRADA: Todos xuntos coas mans unidas ö    LECTURAS: Eu soñei (Nº 58) ö    OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) ö    COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) OLLOS ABERTOS Sen lugar a dúbidas, as migracións constitúen un sinal de identidade do noso tempo. Son múltiples as causas deste fenómeno: económicas, laborais, políticas, debidas ao fanatismo ou ás guerras.... mais todas teñen un fío condutor, un denominador común: a desesperación. Porque non nos enganemos: ninguén deixa atrás a súa terra, a súa familia, a súa lingua, a súa cultura... se non é movido pola desesperación que leva a esas persoas a buscar un futuro mellor aínda poñendo en risco a súa propia vida. E cando chegan ou tentan chegar ao seu país de destino, que atopan? Fronteiras pechadas, xenofobia, exclusión, rexeitamento, marxinación, miradas discriminatorias e acusadoras (“quítannos o traballo”), desconfianza... que poñen máis dor na súa existencia.

25 Domingo TOC 2022

  Sempre é tempo de cambiar e comezar de novo. Superemos a tentación do inmobilismo CANTO GOZOSO ü   Entrada : Non vou só   (Nº 60) ü   Lecturas :  As túas palabras, Señor, son Espírito e vida   (  ) ü   Ofertorio : Na nosa terra (Nº 36) ü   Comuñón : Quédate, Señor, connosco (Nº 63) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN O inmobilismo é coma ese aire que parece que non fai mal, pero que acaba causándonos non poucos problemas de toses ou gripes. Si, porque o inmobilismo é actitude de quen, créndose na verdade. mira aos demais por riba do ombreiro, con distancia, con superioridade. Como diciamos o domingo pasado, con arrogancia. Porén Xesús preséntase noutra onda totalmente distinta. Invita ao cambio, a avanzar, a deixar de mirar atrás, a non ter medo a saír das zonas de conforto que tanto dano nos acaban facendo. Esforcémonos por superar actitudes inmobilistas, e non teñamos nunca medo ao cambio, á renovación, a apostar por poñer en marcha novos proxectos que aleden e cambien as nosas actitude