Ir al contenido principal

23 Domingo TO C 2022

Como nos custa entender que camiñamos na fraxilidade!!!
RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS

Entrada.- Camiñando pola vida ( )
Lecturas.- Xesús é Señor ( )
Ofertorio.- Cantádelle ao Señor unha cantiga nova ( )
Comuñón.- O amor é o meirande ( )

OLLOS ABERTOS

Unha das actitudes que máis nos marca a todas e todos nós neste tempo de présas e tecnoloxía é a arrogancia. Si, inda que ao pronunciar esta palabra non nos soe moi ben nos oídos, todas e todos nós somos arrogantes, máis ou menos, pero sómolo. E esa arrogancia lévanos a ter unha visión moitas veces irreal do que está a pasar no mundo.
A arrogancia fainos crer que somos persoas invencibles, permanentemente gañadoras, mesmo superheroes e superheroínas incapaces de admitir a nosa limitación, e en disposición a crearnos mundos paralelos respecto a como nos vemos e como verdadeiramente somos.

Porén Xesús volve darnos un baño de realismo cando nos invita a non esquecer que as nosas cruces son reais e camiñan con nós cada día, inda que non o queiramos ver. Por iso, esta mañá que nos volvemos reunir no seu nome, fagamos o esforzo en poñer os pés no chan, porque: somos coas nosas capacidades, pero tamén coas nosas limitacións.

CORAZÓN MISERICORDIOSO

· Por caer na tentación arrogancia; SEÑOR, GRAZAS POR SEGUIR CON NÓS.
· Por pensarnos mellores e superiores aos demais; CRISTO, GRAZAS POR SEGUIR CON NÓS.
· Por estar moi lonxe de ser persoas humildes e conscientes dos noso erros; SEÑOR, GRAZAS POR SEGUIR CON NÓS.

PALABRA PROCLAMADA

Proclamación da palabra recollida no libro da Sabedoría

¿Que home de feito poderá coñece-lo plan de Deus

ou quen se decatará do que quere o Señor?

Abofé, os pensamentos dos mortais son covardes

e inseguros os nosos proxectos.

Porque o corpo corruptible pesa na alma

e a tenda terrestre oprime a mente cavilosa.

Se con dificultade imaxinámo-lo que hai sobre a terra

e con traballo atopámo-lo que está a man,

¿quen pescudará o que hai no ceo?

¿Quen coñecerá o teu consello se ti non lle dás sabedoría

mandando o teu espírito santo desde o alto?

Soamente deste xeito se endereitaron os vieiros dos terrestres,

aprenden os homes o que é do teu gusto

e son salvados pola Sabedoría.

Proclamación da palabra recollida na carta de san Paulo apóstolo a Filemón

Benquerido irmán:

Sen máis título que ser eu Paulo, un vello que agora está preso por Cristo Xesús: pídoche por Onésimo, o meu fillo, que enxendrei estando na cadea. Velaí cho mando. Velaí che vai unha parte de min. ¡Recíbeo!

Pensei en me quedar con el, para que me axudase no teu lugar, mentres estou preso polo Evanxeo. Pero non quixen facer nada sen contar co teu consentimento, para que non fagas este ben á forza, senón porque che sae de dentro. Igual por iso marchou de onda ti algún tempo: a fin de que agora o recuperes para sempre, non xa coma escravo, senón coma algo máis ca escravo: coma un irmán benquerido. Para min é moi querido; ¡moito máis o vai ser para ti, coma home e coma cristián! Así que se me consideras un amigo, acólleo coma a min.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Nunha ocasión que seguía a Xesús moita xente, volveuse a eles e díxolles:

‑Se alguén me quere seguir e non está disposto a romper con seu pai e con súa nai, coa muller e mais cos fillos, cos irmáns e coas irmás, e incluso coa súa propia vida, non pode ser discípulo meu. O que non carga coa súa cruz e me segue, non pode ser discípulo meu.

Pois ¿quen de vós, querendo construír unha torre, non se para a pensar no presuposto, a ver se a pode rematar? Non vaia ser que bote os alicerces e non a dea rematado e a xente que o vexa faga riso del, dicindo: "Este empezou a construír e non deu rematado".

Ou ¿que rei, que sae á guerra contra outro, non se senta primeiro a cavilar se lle chegarán dez mil homes para loitar contra vinte mil? E, se ve que non, cando aínda o ten lonxe, mándalle unha embaixada, pedindo condicións de paz.

Pois así, como non renunciedes a todo o que tedes, non hai de vós quen poida ser discípulo meu.

PALABRA ACOLLIDA E PÉS NO CHAN

·      Falabamos de arrogancia no pórtico desta celebración. Porque a arrogancia é un dos males do noso tempo. A todas e todos nós nos custa moito recoñecer que nos equivocamos, que moitas veces facemos as cousas mal, que non temos o don da “ultra-perfección”... e claro, iso vai facendo que teñamos unha mirada equivocada da realidade, dando lugar, en non poucas ocasións, a que vivamos nun mundo paralelo. É ao que agora se lle chama: vivir no “metaverso”, onde podemos crearnos unha vida  que nada ten que ver o que nos pasa día a día. Ata cando durará esta ficción? Porque a palabra de Deus vai nunha dirección diferente, mellor dito, contraria. Fálanos sempre de realismo, de asumir as limitacións de recoñecer ao outro/a como un alguén igual e non como un algo que utilizo segundo a miña comenencia.

 

·      Neste mesmo sentido Paulo danos unha lección, quen o iría dicir!, de humildade froito dos seus anos e da experiencia acumulada. Que actualidade, verdade? Ao escribirlle a Filemón explícalle que non ha ser o seu egoísmo nin a súa comenencia (co tempo converteuse en carreirismo e clericalismo no eido da Igrexa) os que levan a que o anuncio do evanxeo se estanque e paralice. Por iso lle envía a Onésimo, a quen el tanto quería por telo acompañado no camiño do descubrimento e vivencia da fe. Este testemuño de Paulo é toda unha invitación para que tamén nós aprendamos a pensar en global, con perspectiva e abandonemos de vez o utilitarismo dos nosos propios recunchos, que non só non crecen, senón que nos empobrecen e limitan.

 

·      Pon Xesús o cumio de todo canto vimos dicindo ao afirmar que as cousas antes de facelas é necesario pensalas, analizalas, programalas, saber que é o que nos achegan e o que non. Actuar ao chou, facer da vivencia da fe puro sentimento/sentimentalismo e intimismo individual non responde ao proxecto que mostrou e viviu co seu testemuño. E como iso non é doado, supón asumir as consecuencias das decisións; esixe non quedar dentro do mundo cómodo e durminte dos templos. Precisamos saír e dar razón da nosa esperanza na loita diaria por defender ás persoas, a súa dignidade e os seus dereitos.

ORACIÓN COMPARTIDA

            Sabendo a importancia da comunidade no noso vivir e compartir a fe, recemos agora a Deus dicindo: Señor, que non caiamos na arrogancia.

·       Para que  Igrexa abandone posturas de soberbia, poder e control das conciencias. Oremos. Señor, que non caiamos na arrogancia.

·       Para que nas nosas comunidades non nos arroguemos o título de salvadores da ortodoxia da fe xulgando o que fan os demais. Oremos. Señor, que non caiamos na arrogancia.

·       Para que cada un e cada unha de nós non deixemos de loitar contra a tentación de crernos únicos e que todo o sabemos, sen precisar da axuda dos demais. Oremos. Señor, que non caiamos na arrogancia.

Grazas, Señor, por abrirnos os ollos e  corazón  a contar coa man dos demais. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Oídos atentos

"É triste ver con que facilidade hoxe se maldí, se despreza, se insulta. Presos dun excesivo arrebato, non se consigue aguantar e descargase a ira con calquera e por calquera cousa ... a miúdo, por desgracia, o que grita máis e con máis forza, o que está máis enfadado, parece que ten razón e recibe a aprobación dos demais ... Deixen de contaxiar pola arrogancia e as lamentacións.... para que se busca aumentar as ganancia? cal é o propósito: Dar ou ter? Compartir ou acumular?

A economía do Evanxeo multiplica compartindo, nutre distribuíndo, non satisfai a voracidade duns poucos, senón que da vida ao mundo. 

Por iso, é necesario que os seres humanos practiquen dous verbos esenciais para a vida de cada día: dicir e dar. Dúas accións necesarias nas sociedades actuais famentas de amor e atención, que sufran a degradación e o abandono", e nas que hai tantas persoas anciáns e solas, familias en dificultade e mocidade que loita con dificultade para gañarse o pan e alimentar os seus soños".

( Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor