Ir al contenido principal

27 domingo TO C 2022

SÓ QUEN SABE PERSEVERAR É CAPAZ DE DESCUBRIR QUE DEUS NUNCA NOS DÁ AS COSTAS

Cantos

    Entrada.-     Andarei na presenza do Señor ( 9  )

    Lecturas.-    Deixate querer (  )  

    Ofertorio.-    Eiqui están, Señor  ( 34 )

    Comuñón.-   Acharte presente  (54)

ESCOITA ACTIVA

No tempo as tecnoloxías e mais da hiper comunicación, nunca as persoas nos temos sentido máis solas e desasistidas. Isto invítanos a non esquecer que o cerne de tódalas cousas que fan felices aos seres humanos non está nin no ter nin no posuír, senón no compartir, acompañar, escoitar ou mostrar que de verdade as persoas son, somos, importantes, e como tal querémonos, preocupámonos unhas polas outras, sen deixamos de lado como de fosemos trapos de usar e tirar.

    En todo este sabernos acompañados, as persoas crentes, percibimos que  nesa compañía está o Deus que en Xesús nos veu mostrar que o amor non só é máis forte que o odio, senón tamén que só poñendo o amor como eixe no noso camiñar poderemos ser felices e sentirnos persoa queridas.

CORAZÓN MISERICORDIOSO

  • Por ter dado espazo na nosa vida á utilización das persoas para o noso propio interese. SEÑOR, NON DEIXES DE ACOMPAÑARNOS.

  • Por non saber descubrir nos demais a dignidade que ti pos en cada un e cada unha de nós. CRISTO, NON DEIXES DE ACOMPAÑARNOS.

  • Por negarlle a quen nolo pide, un pouco do noso tempo sen deixarnos levar das présas. SEÑOR, NON DEIXES DE ACOMPAÑARNOS.

PALABRA PROCLAMADA


PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE HABACUC


¿Ata que día, Señor, hei de estar pedindo auxilio,

sen que ti fagas caso?

¿Ata que día clamarei cara a ti: "Violencia", sen que salves?

¿Por que me fas ver a iniquidade e me fas contemplar o crime?

Rapina e violencia diante de min: hai rifas e suscítase a disputa.

Respondeume o Señor e díxome:

-Escribe a visión e grávaa en taboíñas,

para que se lea de corrido,

pois aínda volverá ser unha visión no seu momento,

falará da fin e non mentirá.

Se tarda, espéraa, pois virá e non demorará.

Velaí: o temerario faise forte,

o seu alento camiña con el,

pero o xusto vivirá pola súa fe.


PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO


Benquerido irmán:

Recórdoche que reavíve-lo carisma de Deus, que hai en ti pola imposición das miñas mans. Porque Deus non nos deu un espírito feble senón forte, de amor e de sobriedade. Non teñas vergonza de noso Señor, nin de min, preso por el; ó contrario, faite partícipe dos meus sufrimentos polo Evanxeo, contando co poder de Deus. Mantén coma regra as palabras saudables que me escoitaches verbo da fe e da caridade de Cristo Xesús. Garda o precioso depósito por medio do Espírito Santo, que mora en nós.



PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS


Rogáronlle os apóstolos ó Señor: -¡Auméntano-la fe!

O Señor respondeulles:

-Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira: "Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.

E ¿quen de vós que teña un criado arando ou pastoreando, lle di cando chega da veiga: "Entra axiña e ponte á mesa". ¿Non lle dirá máis ben: "Prepara a cea, viste a roupa de traballo e ponme a comida; e cando eu remate de comer e beber, comerás e beberás ti?" ¿Ou é que aínda lle vai ter que estar agradecido ó criado por face-lo que lle manda? Así tamén vós, cando fagades todo o que se vos mande, dicide: "Somos simples servidores: total, non fixemos máis do que tiñamos que facer".

PALABRA REMOÍDA

A palabra de Deus que vimos de proclamar invítanos, neste tempo de tanto desleigo, individualismo e présas, a afrontar a realidade da nosa vida desde tres actitudes que , ben seguro, fortalecerán cada un dos pasos que imos dando na vida para desenvolvela chea de sentido e contido. 

    Con tres palabras que todas e todos comprendemos sen necesidade de moita retórica filosófica, perseverancia , fraxilidade e fidelidade, móstrasenos como o importante non está nin no aparente nin no efémero, senón en todo aquilo que supondo esforzo, compromiso e humildade, vai labrando a nosa vida desde a sinxeleza de quen sabe cara onde quere ir, e descubre que no camiño sempre vai ter compaña. A mareiriña de aire fresco coa que Deus vai alentando a nosa vida en forma de persoas, proxectos e ilusións que van facendo que a nosa vida sexa máis humana e feliz, fráxil, si, pero nunca solitaria.

  • A  perseverancia fainos tomar conciencia de que  querer acadar algo esixe de nós o mellor. Non valen desculpas ou vitimismos que non fan máis que agochar a nosa falta de constancia e esforzo para acadar as cousas que de verdade son importantes e nos fan felices. A pesares do que nos digan, os que buscan aproveitarse de nós con manipulacións, só quen se esforza poderá sentir a satisfacción do obxectivo acadado.

  • Pero ser perseverantes non pode facernos esquecer que tamén somos fráxiles, e que esa fraxilidade fainos poñer os pés no chan evitando crernos “deuses” que todo o saben e poden. Os seres humanos somos fráxiles de seu porque non o podemos nin o sabemos todo, pero iso tamén nos axuda a entender que non podemos ir  ao noso aire e prescindir de quen temos ao lado,. A fraxilidade fainos comprender que só axudándonos podemos avinzar.

  • E tanto a perseverancia como a fraxilidade necesitan a fidelidade de quen cre no que fai -sen deixarse levar da soberbia -, no que quere, no que o/a ilusiona e pon niso a súa vida.  E inda que as modas poidan ser outras, só a fidelidade, o saber confinar en nós, e nos demais fai posible que as persoas crezamos, maduremos e camiñemos sen medos, vergonzas nin desconfianzas.

ORACIÓN COMPARTIDA

Porque Deus non deixa nunca de confiar en nós, dicimos con agradecemento:

Grazas, Señor, pola túa confianza

  • Para que non deixemos de ser nunca unha Igrexa que ofrece confianza, colaboración e misericordia. Oremos. Grazas, Señor, pola túa confianza.

  • Para que nas nosas comunidades parroquiais practiquemos a perseverancia de quen na fidelidade, non deixa de estar ao lado de quen o precise. Oremos. Grazas, Señor, pola túa confianza .

  • Para que na nosa vida teñamos sempre presentes que a fraxilidade fainos persoas necesitadas e precisadas de outras mans que nos axuden, alentan e acompañen. Oremos. Grazas, Señor, pola túa confianza .

Grazas, Señor, polo baño de realismo co que nos invitas hoxe a acoller e túa palabra. Por Cristo o noso Señor. Amén.

CULTIVANDO A INTERIORIDADE

O Papa Francisco utiliza o termo “rapidación” para caracterizar o estilo de vida actual. Saltamos da cama e aprontámonos para saír a un ritmo que xustificaría que fósemos multados por exceso de velocidade. Vivimos unha existencia en que case nos comportamos como autómatas. Todo se tende a procesar a un ritmo case infernal: no traballo, nos mercados, no deporte, na comunicación social, as propias modas. parécenos regresar ao tempo do cinema mudo, en que a aceleración da proxección do filme tiña un feito tráxico-cómico.


Este ritmo acelerado acaba por volverse unha especie de dependencia. Vivindo a este ritmo, experimentamos mais estímulos por unidade de tempo, creando asín a ilesa de maior felicidade e realización pesala. En contrapartida, no medio deste frenesí, as persoas desempregados ou enfermas experimentan a mais completa inutilidade.


Tendemos a confundir velocidade e exceso de estímulos coa plenitude, alimentando a emoción ilusoria que nos impide espertar e tomar conciencia de que todo continúa igual, cando non peor. 

 Luís Maria da Providência,

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...