DEUNOS AS CHAVES NON PARA PECHÁRMONOS CON ELAS E FACER DEFENSAS NUMANTINAS, SENÓN PARA ABRIR PORTAS E VENTÁS QUE FAN POSIBLE O DIÁLOGO CUN MUNDO PLURAL NO QUE TOD@S SOMOS IMPORTANTES...AÍNDA QUE NINGUÉN É IMPRESCINDIBLE Descarga o arquivo Lecturas ESCOITA ACTIVA A imaxinería relixiosa sempre representa a Pedro cunhas chaves na man. Esta representación ten a súa orixe no Evanxeo que hoxe imos proclamar na celebración: Xesús entrégalle as chaves. Pero contra o que moitas veces se ten interpretado, estas chaves non son para pechar portas e ventás e atrincheirarse fronte ao mundo, senón todo o contrario: son as chaves que abren portas e ventás para permitir o diálogo, o encontro e a comunicación con outras maneiras de pensar, con outras concepcións antropolóxicas ou con outras propostas morais. O Evanxeo, porque é alegría e gozo, ofrécese sempre como camiño de encontro e entendemento, é comunicación e diálogo. Que mellor día ca hoxe, no que celebramos a festa de Pedro e Paulo, pa...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra